Actividades infantís e culturais cheas de luz en El Corte Inglés
El Corte Inglés de Vigo inaugura o Nadal o vindeiro venres 2 decembro ás 18.30 cun espectáculo cheo de sorpresas a cargo da compañía pontevedresa Pablo Méndez Performance, onde o público infantil será o gran protagonista. Ademais, ao longo do Nadal haberá numerosas actividades infantís, culturais e solidarios nos grandes almacéns.
A inauguración do Nadal en El Corte Inglés converteuse nunha tradición para toda a familia nestas datas tan especiais do ano, que ilusiona tanto a nenos como a adultos, e que se recupera tras a pandemia. O vindeiro venres 2 decembro ás 18.30 haberá un espectáculo, cheo de sorpresas, a cargo da compañía pontevedresa Pablo Méndez Performance, onde o público infantil será o gran protagonista. O show recreará unha historia máxica sobre a chegada do Nadal que culminará coa presenza da súa personaxe máis especial, Papá Noel.
Unha vez iniciada a campaña natalicia, El Corte Inglés propón numerosas actividades de todo tipo ao longo de todo o mes. No aspecto solidario, colaborará co Banco de Alimentos, Fundación Aladina, Cruz Roja Juventud, Bicos de Papel, Sylvestris, Fegerec e outras entidades benéficas con xoguetes, alimentos e menús. No eido cultural, do 14 de decembro ao 2 de xaneiro pasarán pola entidade Defreds, Arturo Maneiro, Mimmi Kass, Miguel Anxo Fernández, Isabel Blanco, Luis Congil, Nesa Costas, Jorge Cameselle e Elba Pedrosa.
En canto as actividades infantís, o sábado 3 de decembro ás 11:30 organízase un contacontos en inglés “Storytime Santa’s Elves” coa colaboración de KIDS&US. Mentres que, o sábado 10 ás 11:30 a figura mítica do Apalpador estará presente no contacontos que nos ofrecerá Barafunda. A creatividade tamén terá o seu protagonismo cun taller de manualidades, no que nenos e nenas poderán crear os seus propios adornos do Nadal o sábado 17 de decembro ás 11:00. E os apaixonados do universo Hogwarts, o venres 30 de decembro ás 18:00, están convidados a xogar no taller Harry Potter de Lego.
Ademais destas actividades, levarán a cabo as promocións Queres saír ao terreo de xogo cos teus ídolos do RC Celta?, na que se sortearán 11 prazas Escort Kids para o partido do 15 de xaneiro entre o Celta e o Vilarreal, e Queres participar na Cabalgata de Reis de Vigo?, na que se sortearán 6 prazas para nenos e nenas entre 7 e 11 anos para montar na carroza de El Corte Inglés que sairá o próximo 5 de xaneiro. Durante as fins de semana de decembro e en vacacións escolares situarase, na esquina de Gran Vía, a cadeira de brazos de Papá Noel e o trono do Carteiro Real para que os peques poidan entregar as súas cartas cheas de desexos e ilusión. Os Reis Magos non faltarán á súa cita do Nadal no Corte Inglés de Vigo e tamén estarán no centro o día 4 de xaneiro.
El Corte Inglés non se esquece da importancia da decoración e a cociña nestas festas. O venres 9 de decembro ás 19:00 a viguesa Sara Pequeño compartirá con todos os asistentes ao showcooking “Prepara a túa sobremesa de Nadal con Ms. Robinson” os segredos do éxito da súa repostería, e ensinaranos a elaborar turrón, galletas de xenxibre e como decorar unha torta. O martes 13 de decembro ás 19.00, o taller “Un Nadal con moito gusto”, no que un especialista en decoración ensinaranos as claves e tendencias para preparar o noso fogar e a nosa mesa para destacar este Nadal.