VIALIA
bannerPicnicSesions

Unhas festas de Bouzas cheas de música en directo

Dous chiringuitos, o da Alameda e o do Paseo, e máis o Patio de Bouzas organizan unha variada proposta musical para estes días de festa no barrio. Tony Lomba, The Followings, Tronka Jazz Quartet ou Pop Rock & Café con Leche serán algún dos nomes aos que poderemos escoitar nestas datas.

Bouzas xa está vestido de gala para dar a benvida aos milleiros de persoas que de seguro se achegarán estes días ao mítico barrio vigués. Atraccións, postos de comida, os popularísimos fogos e música en directo serán algúns dos atractivos destas festas. Sobre esto último, os dous principais chiringuitos do lugar programan espectáculos musicais diariamente desde o pasado xoves 18 ata o martes 23.

REVISTA ABRIL

O chiringuito da Alameda propón, cada día ás 00:00 agás o martes, os shows de DJ Jetta K o venres; Pop Rock & Café con Leche (dúo formado por Nuria González e Tincho Fernán) o sábado; showcase de música urbana con Iagh0st DJ Set, Beauty Pikete e Dirty Suc o domingo tras os fogos; Dj Soca o luns e, para rematar, a xente de Bouzas.

O’Chiringo do Paseo, cun cartel protagonizado polo fenómeno televisivo Game of Thrones, proponnos cada día a partir das 23:00 unha variada oferta musical: Tony Lomba e Borja Martiño o venres; Borja de novo e Mich Golden o sábado; Dani Villa, Dani Muñoz e Rodri Vegas o domingo; 80’s party, Dúo Dado e Dj Gus G o luns e Dj Charlie, Borja Martiño e Mich Golden novamente para pechar a festa por todo o alto.

Por último, o Patio de Bouzas reabre as súas portas temporalmente despois de nove meses pechado para acoller dous concertos durantes este período festivo. O primeiro será o venres 19 de xullo sobre as 00:30, cando remate a banda de música da Alameda, coa actuación de The Followings. Versión das tres décadas máis prodixiosas da música: 60s, 70s e 80s. Ao día seguinte, os encargados de animar a festa serán Tronka Jazz Quartet, banda con máis de 20 anos de traxectorias e directo memorable que non deixará indiferente a ninguén.

(GMT+01:00) Alameda de Bouzas

(GMT+01:00) O' Chiringo do Paseo (Bouzas)

(GMT+01:00) El patio de Bouzas

(GMT+01:00) El patio de Bouzas