REVISTA ABRIL

A conciliación, piar base do Colexio Quiñones de León

O Colexio Quiñones de León, emprazado no Calvario, é un centro familiar que ofrece todo tipo de opcións para facilitar que os pais poidan conciliar a vida familiar e o traballo.

Xornada escolar partida ou continua? Esta é unha pregunta que desde hai anos se fan moitos pais chegada a hora de escoller o mellor centro escolar para os seus fillos. O certo é que ata agora non existe ningún estudio científico rigoroso sobre as vantaxes o desvantaxes dun tipo de xornada ou outra. Pero si que, desde o punto de vista psicopedagóxico, deféndese a xornada continua, xa que nas primeiras horas da mañá o rendemento académico nas áreas con más exixencia intelectual é superior ao das tardes. Isto tamén brinda máis tempo libre aos alumnos e reduce o tempo nos desprazamentos. 

Neste pensamento está moi de acordo o Colexio Quiñones de León. Un centro de ambiente familiar que non só aposta por un mellor rendemento académico dos seus alumnos, ofertando un horario intensivo, senón que defenden unha mellor conciliación familiar. Neste senso prestan os seguintes servizos: aula matinal, de 7:30 a 9:00 atendida por profesores/as; comedor, de 14:00 a 16:00, atendido tamén por profesores/as, dispón dun servizo de catering para todos os alumno/as que o soliciten; servizo de biblioteca de 16:00 a 17:15 e actividades extraescolares, a maioría comezan despois do comedor e rematan ás 17:30 h.

O Colexio Quiñones de León naceu no ano 1974 coa intención de ofrecer á cidade de Vigo unha proposta integradora de coñecementos e respecto á liberdade e á pluralidade de ideas. Trátase dun colexio laico e concertado en todos os cursos de ensino obrigatorio, e dicir, que imparten ensinanza desde os 3 ata aos 16 anos, cubrindo así todas as etapas de Infantil, Primaria e Secundaria, o que permite aos alumnos recibir toda a formación básica nun mesmo lugar.

O centro está emprazado no barrio do Calvario, con acceso por Travesía de Vigo, cunha superficie construída de 2698 m2 e uns espazos abertos doutros 2200 m2. Dentro das súas instalacións podemos atopar unha aula de usos múltiples, unha aula de música e plástica, un laboratorio de ciencias, unha aula de informática, un obradoiro de tecnoloxías, ximnasio e biblioteca. Conta ademais con departamentos de orientación, audición e linguaxe, pedagoxía terapéutica e reforzos. O seu horario, como mencionamos anteriormente, é continuado, de 9:00 a 14:00 h de luns a venres en Infantil e Primaria. En Secundaria, de 9:00 a 14:40 h agás os luns e os xoves, que é de 8:10 a 14:40 h.

REVISTA ABRIL

Cabe destacar que o Colexio Quiñones de León dispón de sección bilingües en galego e inglés. Organízanse, tamén, actividades de role-playing na aula e particípase no concurso Spelling Bee. Por outra banda, tamén participan  habitualmente en proxectos do Concello de Vigo, a Xunta de Galicia, a Biblioteca Neira Vilas, o Faro de Vigo ou Normalización Lingüística.

Máis información:

Enderezo: Travesía de Vigo, 36 – Vigo
Teléfono: 986278089
Páxina web: quinonesdeleon.es
Correo: cpr.quinones.leon@edu.xunta.gal

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.