GFFF
GFFF

A cociñar: Pastel salgado

Tomando como base as Mariñeiras inspiradas no pan seco que utilizaban os mariñeiros hai séculos, preparamos un rico pastel, salgado coma o mar, digno da era das grandes travesías.

@amovidavigo

👩‍🍳👨‍🍳👩‍🍳👨‍🍳 RECEITA: Pastel salgado Ingredientes: Beicon (100 gramos) Cebola pequena (1 unidade) Galletas Mariñeiras (1 paquete) Leite (200 mililitros) Manteiga (1 cullerada) Ourego (a gusto) Ovos (4 unidades) Pementa (a gusto) Pemento verde (1 unidade) Queixo (6 liscos) Queixo relado (100 gramos) Sal (a gusto) Tomate grande (1 unidade) Xamón cocido (100 gramos) Elaboración: Mentres prequecemos o forno a 180 °C, engraxamos coa manteiga un molde sobre o que colocamos as Mariñeiras, facendo unha base de dous pisos. Deseguido batemos os ovos e mesturámolos co leite. Picamos en cadriños a cebola, o pemento e o tomate e engadímolos á mestura, aderezándoa co ourego, a pementa e o sal. Vertemos todo este conxunto no molde e cubrímolo xamón cocido, queixo e beicon, e culminamos botando o queixo relado por enriba. Enfornamos durante uns 35 minutos, ata que o pastel se aprecie sólido e dourado e o resultado será un prato para compartir coa tripulación escollida. #pastelsalgado #receita

♬ sonido original – Amovida
  • Beicon (100 gramos)
  • Cebola pequena (1 unidade)
  • Galletas Mariñeiras (1 paquete)
  • Leite (200 mililitros)
  • Manteiga (1 cullerada)
  • Ourego (a gusto)
  • Ovos (4 unidades)
  • Pementa (a gusto)
  • Pemento verde (1 unidade)
  • Queixo (6 liscos)
  • Queixo relado (100 gramos)
  • Sal (a gusto)
  • Tomate grande (1 unidade)
  • Xamón cocido (100 gramos)

Mentres prequecemos o forno a 180 °C, engraxamos coa manteiga un molde sobre o que colocamos as Mariñeiras, facendo unha base de dous pisos. Deseguido batemos os ovos e mesturámolos co leite. Picamos en cadriños a cebola, o pemento e o tomate e engadímolos á mestura, aderezándoa co ourego, a pementa e o sal. Vertemos todo este conxunto no molde e cubrímolo xamón cocido, queixo e beicon, e culminamos botando o queixo relado por enriba. Enfornamos durante uns 35 minutos, ata que o pastel se aprecie sólido e dourado e o resultado será un prato para compartir coa tripulación escollida.

REVISTA SETEMBRO

Baixo un principio de produción responsable, o proxecto empresarial Daveiga naceu en xaneiro de 2005 coa idea de adaptar aos tempos modernos o que se coñecía como «pan de barco». Ano e medio despois, saíron ao mercado as Mariñeiras, un exquisito produto de longa duración sen conservantes artificiais, elaborado a base de materias primas naturais, que pode servir como acompañamento para todo tipo de pratos ou como aperitivo a calquera hora.

Sorteamos un lote de diferentes sabores das Mariñeiras Daveiga e un pack de produtos de Rei Zentolo:
Para participar no sorteo hai que entrar na nosa conta de Instagram premer gústame na publicación da receita e comentar con quen compartiríades este delicioso pastel salgado. E tamén ser seguidor de @amovidavigo@cocina_con_ce@clesaoficial e @reizentolo_oficial. O xoves 12 de setembro ao mediodía anunciaremos a persoa gañadora.