VIALIA
PLAYDOC

A COCIÑAR: Torta de cenoria

Este mes cociñamos con Cocina con Ce e Xanceda unha deliciosa torta de cenoria e traemos un sorteo de produtos ecolóxicos de Xanceda e o pack ‘Brava’ de Rei Zentolo a través da nosa conta de Instagram.

@amovidavigo

🥕🐮 Este mes cociñamos con @cocina_con_ce e @xanceda unha deliciosa torta de cenoria! (Sorteo dun lote de produtos de Xanceda e Rei Zentolo na nosa conta de Instagram) RECEITA Ingredientes para a base • Aceite de xirasol (100 mililitros) • Azucre moreno ou panela (200 gramos) • Bicarbonato de sodio (1/2 culleradiña) • Canela en po, cravo e xenxibre en po e noz moscada • Cenoria relada (300 gramos • Fariña de trigo integral (200 gramos) • Lévedo (2 culleradas) • Noces (1/2 cunca) • Ovos grandes (3 unidades) • Sal (1/2 culleradiña) • Vainilla (1 cullerada) Ingredientes para a cobertura • Azucre glas (2 cuncas) • Iogur ecolóxico estilo grego Casa Grande de Xanceda (1/4 cunca) • Manteiga (1/4 cunca) • Queixo cremoso ecolóxico Casa Grande de Xanceda (225 gramos) • Vainilla (1 culleradiña) Elaboración Quentamos o forno a 180 °C e untamos un molde con manteiga. Batemos os ovos co aceite, o azucre e a vainilla nun cunco ata que queden ben mesturados. Sumamos o relo de cenoria e remexemos ata que se integren completamente. Nun recipiente á parte, mesturamos o bicarbonato de sodio, as especias, a fariña, o lévedo e mais o sal. Xuntamos esta segunda mestura coa do primeiro cunco e remexémolas ata que se integren. Engadimos as noces, botamos a mestura no molde e enfornámolo entre 25 e 30 minutos. Retiramos a torta do forno e deixámola arrefriar antes de vestila coa cobertura. Para elaborarmos a cobertura, bátese a manteiga a temperatura ambiente, o queixo cremoso ecolóxico e mais o iogur ecolóxico estilo grego de Casa Gande de Xanceda, a vainilla e mais o azucre glas. Para decorar a torta, suxerimos coroar a cobertura cunhas noces e unhas follas de menta. #Vigo #receitas #Tortadecenoria

♬ sonido original – Amovida

Se gustas dos almorzos e das merendas doces e dos biscoitos caseiros, traemos un imprescindible: unha torta de cenoria con moitos proles: é rica en fibra e minerais, baixa en calorías e ademais está boísima. Pero, ollo, que tamén ten unha contra: pode provocar adicción.

Ingredientes para a base

  • Aceite de xirasol (100 mililitros)
  • Azucre moreno ou panela (200 gramos)
  • Bicarbonato de sodio (1/2 culleradiña)
  • Canela en po (1 culleradiña)
  • Cenoria relada (300 gramos)
  • Cravo en po (1/2 culleradiña)
  • Fariña de trigo integral (200 gramos)
  • Lévedo (2 culleradas)
  • Noces (1/2 cunca)
  • Noz moscada (1/2 culleradiña)
  • Ovos grandes (3 unidades)
  • Sal (1/2 culleradiña)
  • Vainilla (1 cullerada)
  • Xenxibre en po (1/2 culleradiña)

Ingredientes para a cobertura

  • Azucre glas (2 cuncas)
  • Iogur ecolóxico estilo grego Casa Grande de Xanceda (1/4 cunca)
  • Manteiga (1/4 cunca)
  • Queixo cremoso ecolóxico Casa Grande de Xanceda (225 gramos)
  • Vainilla (1 culleradiña)

Elaboración

Quentamos o forno a 180 °C e untamos un molde con manteiga. Batemos os ovos co aceite, o azucre e a vainilla nun cunco ata que queden ben mesturados. Sumamos o relo de cenoria e remexemos ata que se integren completamente. Nun recipiente á parte, mesturamos o bicarbonato de sodio, as especias, a fariña, o lévedo e mais o sal. Xuntamos esta segunda mestura coa do primeiro cunco e remexémolas ata que se integren. Engadimos as noces, botamos a mestura no molde e enfornámolo entre 25 e 30 minutos. Retiramos a torta do forno e deixámola arrefriar antes de vestila coa cobertura. Para elaborarmos a cobertura, bátese a manteiga a temperatura ambiente, o queixo cremoso ecolóxico e mais o iogur ecolóxico estilo grego de Casa Gande de Xanceda, a vainilla e mais o azucre glas. Para decorar a torta, suxerimos coroar a cobertura cunhas noces e unhas follas de menta.

Casa Grande de Xanceda

REVISTA ABRIL

Situada no concello de Mesía, na comarca de Ordes, a granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda acolle máis de 300 vacas que diariamente pastan e pasean libremente por 200 hectáreas de prados e bosques autóctonos. Co leite das reses, esta empresa familiar elabora unha gran variedade de produtos ricos e saudables: iogures, manteiga, quefir, queixos ou xeados. Na horta da Casa Grande cultívanse froitas e hortalizas para lles dar sabor ás creacións de Xanceda. Ao longo do ano, a granxa acolle visitas de escolas e particulares que se poden reservar a través da web para vivir en primeira persoa o carácter desta empresa, sempre ecolóxico.

casagrandexanceda.com | @xanceda

Sorteo:
Sorteamos un lote de produtos ecolóxicos de Xanceda e a camiseta e botella ‘Brava’ de Rei Zentolo.
Para participar no sorteo tes que entrar na nosa conta de Instagram premer gústame na publicación da receita e comentar con quen compartirías esta deliciosa torta de cenoria. E tamén ser seguidor de @amovidavigo, @cocina_con_ce, @xanceda e @reizentolo_oficial. O mércores 6 de marzo ao mediodía anunciaremos o gañador.