REVISTA MAIO

A Cociñar: Torta de iogur

Este mes traemos unha receita sinxela coa que sorprender nas sobremesas das xuntanzas estivais. Unha torta elaborada con tan só tres ingredientes: fácil e moi rica! Como sempre traemos un sorteo, nesta ocasión regalamos un lote de iogures de Clesa e o pack de produtos de Rei Zentolo; podedes participar a través da nosa conta de Instagram.

@amovidavigo

🍮🧑‍🍳 A sobremesa perfecta para as comidas estivais é esta torta de iogur Clesa, rica, lixeira e moi rápida de preparar. 🎁 Sorteamos un lote de iogures Clesa e produtos do Rei Zentolo na noss conta de Instagram! @cocina_con_ce

♬ sonido original – Amovida
  • Ovos (6 unidades)
  • Iogur sabor vainilla Clesa (6 unidades, 750 gramos)
  • Maicena (60 gramos)

Quentamos o forno a 180 °C mentres preparamos a mestura. Nun bol grande, batemos os ovos e botamos o cremoso iogur sabor vainilla de Clesa, que remexemos cos ovos batidos ata conseguir unha mestura homoxénea. Logo botamos a maicena e removemos ben ata que non haxa grumos. Nun molde para tortas forrado previamente con papel de forno vertemos a mestura e enfornámola entre media hora e tres cuartos, ata que a capa superior se vexa dourada e firme. Retirámola do forno e deixámola arrefriar. Se queremos acentuar o sabor, podemos engadir unha culleradiña de extracto de esencia de vainilla á mestura. Servimos a torta núa ou vestímola cunha capa de marmelada, que lle dará unha aparencia exquisita.

A fábrica de iogures Clesa está situada no concello de Caldas de Reis. Abre as portas todos os xoves para recibir escolares e grupos organizados nunha visita que arranca cun percorrido cheo de anécdotas e curiosidades históricas sobre a marca.
Continúa cunha parada no espazo habilitado como museo, no que se atopan fotografías, produtos de épocas pasadas e pequenas reliquias de mercadotecnia. Preto do final, dáse un dos momentos máis abraiantes: a vista espectacular desde unha aula acristalada que permite ver en directo o funcionamento da fábrica. Como colofón, o equipo de Clesa reta os visitantes a demostrar creatividade elaborando receitas orixinais empregando como ingrediente principal o iogur estilo grego. Este simpático taller recibe o nome de Clesachef, e está considerado como un dos momentos máis divertidos e deliciosos do percorrido. Para desfrutar desta experiencia, cómpre reservar praza a través do enderezo electrónico habilitado para tal fin: visitas@clun.es.

Sorteamos un lote de iogures de Clesa e un pack de produtos de Rei Zentolo.
Para participar no sorteo hai que entrar na nosa conta de Instagram premer gústame na publicación da receita e comentar con quen compartiríades esta deliciosa torta de iogur. E tamén ser seguidor de @amovidavigo@cocina_con_ce@clesaoficial e @reizentolo_oficial. O venres 7 de xuño ao mediodía anunciaremos a persoa gañadora.