CAMELIAS MASCOTAS

A banda do galiñeiro

Setembro anuncia a volta á rutina e o inicio das clases. Xa toca irlle dicindo adeus ás praias e descolgar outra vez as mochilas para a posta a punto. É certo que a situación actual aínda non está clara no tocante ao período escolar, pero se algo que non cambia é a preparación previa de materiais e mais a adaptación que iso implica. Para unha mellor acollida no regreso ás aulas, debemos facer que a rapazada nos acompañe á compra de todo o necesario para a súa formación, contribuíndo a tomar conciencia do inicio do curso.

A Pita Cega é unha tenda especializada no mundo dos pequerrechos onde podemos encontrar algúns dos accesorios imprescindibles para a xornada escolar. Aquí hai cunha ampla oferta de produtos enfocados especialmente para idades comprendidas entre o nacemento e os 12 anos. Xoguetes de alto valor educativo, libros e contos infantís, mesmo algunhas cousiñas de puericultura. Sempre en constante busca dos mellores artigos infantís, cada cal máis orixinal e diferente, imposibles de atopar en outras tendas. As últimas novidades no sector para acompañar a cativada no camiño da aprendizaxe. Que mellor que adquirir habilidades mentres se xoga? Podemos dicir que todos os produtos deste lugar particular se sosteñen nunha tríade: calidade, orixinalidade e prestixio.

REVISTA NOVEMBRO

Nesta tenda do Calvario pódente asesorar na procura do que precises, baixo o criterio da idade, o tipo de xogo ou a habilidade a desenvolver. Ademais manteñen unha tenda en liña e unhas redes sociais activas onde se publican as últimas novidades. Unha tenda para estudantes, proxenitores e docentes, para mentes inquietas coma galiñas.

Jenaro de la Fuente, 18 | pitacega.es | info@apitacega.es | 986 192 290

Lourdes Tomé
Redactora

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.