Ruta do Galiñeiro (PR-G1)

O sendeiro do Galiñeiro, marcado en amarelo e branco, comeza no lugar da Pasaxe, onde existe un cartel anunciador. Durante o percorrido atoparemos bosques mixtos e zonas de descanso con fontes de auga fresca. Nas paredes graníticas do Galiñeiro existe unha zona de escalada con multitude de vías de diferente dificultade para a práctica deste deporte. Na parte alta, xa preto do cume, existen restos posiblemente pertencentes a un muro defensivo dun castro galaico- romano. Desde o pico domínase un extenso panorama do sur da provincia de Pontevedra.

KM: 8,6
DURACIÓN: 3,5 H
DIF.: media-alta

REVISTA VERAN

Máis sobre os montes e sendeiros de Vigo