Actividades sobre as herbas de San Xoán para comezar o estío
O xoves 21 e o sábado 23 de xuño, co motivo da chegada do verán, a Concellaría de Normalización Lingüística ofrece unha serie de charlas, paseos e obradoiros en torno ás herbas de San Xoán para toda a familia, de forma gratuíta e sen inscrición previa.
A primeira xornada terá lugar na Casa da Xuventude, a partir das 18:30, onde poderemos coñecer máis da orixe e do significado desta festa, así como os seus elementos protagonistas (auga, lume e vexetación). Tamén percorrerase a horta e o xardín da Casa e, para finalizar, poderemos participar nun obradoiro no que aprender a facer xabón de avea e caléndula.
No segundo día, as 10:30 da mañá no Centro Cultural de Matamá, afondarase de novo na orixe pagá desta festividade, así como nas formas de elaboración do cacho. Por último, a partir das 11:15, pasearemos pola parroquia mentres se nos explican todas as herbas aromáticas e medicinais que vaiamos atopando polo camiño.
Para máis información sobre estas xornadas baseadas nas herbas de San Xóan, consultar o cartaz do Concellaría: https://snl.vigo.org/storage/posts/June2018/lBSxePV6VchbKwv8edEf.pdf