REVISTA ABRIL

Este estío arrola ao teu cativo en galego

Tódolos luns, mércores e venres de xullo van ter lugar unha serie de actividades para crianzas de ate dous anos e as súas familias baixo o nome de Vigo Arrólate. Esta iniciativa pretende inculcar o noso idioma aos máis pequenos, a través de xogos, contos e música.

Contos con música e cancións con Bea Campos | Xunta.gal

En total suman un total de 11 actividades, repartidas en dúas sedes: a Casa da Xuventude no horario de mañá (11:30) e a Biblioteca Neira Vilas no horario de tarde (18:30). Segundo a idade das crianzas, atoparemos distintos entretementos, levados a cabo polos artistas Bea Campos, Soledad Felloza, Mailúa e Noite, Raquel Queizás e Cé Orquesta Pantasma.

As reservas poden facerse a partir do martes 19 de xuño ata esgotar prazas, chamando á Casa da Xuventude ou  a Biblioteca Neira Vilas, segundo o evento. Para máis información relacionada coas actividades, horarios e lugares consultar o seu cartel neste enlace: https://snl.vigo.org/storage/posts/June2018/l4LaTQy5VbdVXiQOR5v3.pdf