REVISTA ABRIL

Elabora o teu cacho de herbas para San Xoán

Achégase a noite máis curta do ano e temos que ir preparando o noso cacho de herbas. A Asociación de Veciños do Casco Vello organiza este venres 22 unha andaina guiada polo Vixiador da man do biólogo Gabriel P. Torrón.

Polo prezo de 3 euros (5 no caso de non ser asociado) poderás participar este venres 22 nunha andaina polo monte Vixiador na que o biólogo Grabiel P. Torrón explicará aos asistentes a orixe da tradición das herbas de San Xoán e cales son as idóneas para facer o noso cacho.  apañar as que se poidan.

Gabriel explica que “segundo conta a tradición precisamos de  7 herbas para facer un cacho. Para ser consideradas herbas de San Xoán deben cumprir algún destes requisitos: ser mediciñais, ter valor cultural ou seren aromáticas”. O biólogo engade que “as herbas deben apañarse o día previo a San Xoán, pero aquí cadra mellor que vaiamos o venres”.

REVISTA ABRIL

Tras procurar as herbas, “hai quen recolle a auga en 7 fontes distintas. Todo isto metémolo nun recipiente, e iso é o que chamamos o cacho. Deixariámolo toda a noite a macerar e pola mañá, despois de que San Xoán faga o seu efecto máxico, lavamos a cara con el”.

As herbas que máis se empregan e que atopamos con moita facilidade nos nosos montes son o fiúncho, a abeloura (coñecida como “herba de San Xoán”), o hortelán ou o fento macho. Gabriel advirte: “que una planta teña propiedades medicinais non quere dicir que as collamos e vaiamos facendo infusións ao tolo, xa que o seu consumo pode non ser recomendable. O estramonio tamén ten propiedades medicinais e a ninguén se lle ocorre”.

O punto de quedada para o percorrido é o local da Asociación, na rúa Cánovas del Castillo, ás 17:00 da tarde. As prazas son limitadas, polo que para anotarse hai que acudir ao local e abonar a cantidade correspondente.

(GMT+01:00) Asociación do Casco Vello