12 festivais para pechar o verán e comezar o outono
Agosto chega á súa fin, pero iso non implica que rematen os festivais. Recomendámosvos 12 plans para estes dous meses en Vigo e arredores para superar a depresión posvacacional a ritmo de música.
THE WILD FEST – 31 de agosto e 1 de setembro – Parque Forestal de San Miguel de Oia
O sábado actúan Julián Maeso Band, Moura, Moonshine Wagon e Dakidarría. O domingo, de entrada libre, haberá actividades variadas para todas as idades (cinema, ioga, andaina, actuacións inantís…)
FESTIVAL DA POESÍA DO CONDADO – 31 de agosto – Salvaterra de Miño
Desde a mañá ata a noite poderemos ver a Ameaça de Bombo (11:00), Bassica Rapa (12:30), Escola da Rata (13:45), Jafra (17:50) , Os Carunchos (19:10), Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (21:15), Loita Armada (23:00), Banda Bassotti (00:30), Skárnio (2:15) e Marqués de Vilapodre Dj Set.
O SON DO PAZO – 31 de agosto e 1 de setembro – Pazo de Mos
O sábado actúan Airiños do Castelo, Korrontzi, Xosé Lois Romero e Aliboria, Alana e La Duendeneta. O domingo Os Melidaos.
TERRACEO: THE TALLEST MAN ON EARTH – 7 de setembro – Auditorio Mar de Vigo
O último concerto desta edición do TerraCeo é o da estrela do folk sueca The Tallest Man on Earth.
UNDERFEST XACOBEO – 13 e 20, 21 e 22 de setembro – Vigo
A falta de coñecer o resto de confirmación, no festival urbano actuarán en diferentes espazos nomes como Fink, Gigolo Aunts, Stone Foundation, Richard Hawley, La Candilejas ou El Mató a un Policía Motorizado.
MÚSICAS NO MIÑO – Do 12 ao 15 de setembro – Tui e Valença
O Encontro de Música Profesional entre Galicia e Portugal programa, entre outras actividades paralelas, os concertos de Alana, Amoebo, El Pony Pisador, Cardo-Roxo, Jhon Douglas, Miss Universo, Os D’Abaixo, Quico Comesaña, Rogério Cardoso, Ruxe Ruxe, Su Garrido Pombo e Surma.
NEGRITA MUSIC – 13 e 14 de setembro – O Porriño
No festival porriñés de música urbana atopamos a Maka, JC Reyes, Hard GZ, Recycled J ou Maikel Delacalle, entro outros moitos.
O REVOLTALLO – 20, 21 e 22 de setembro – Carballeira do Pedregal (Valadares)
O histórico festival vigués propón as actuacións de Pelica de Can, Dioivo, Sun Iou, Blue Merrow, Akarakan, Os Vacalouras Cobra Spell, Cabodano e Akelarre.
STONER FEST – 27 e 28 de setembro – Sala Transylvania
Segunda edición deste festival enfocado so Stoner, doom e rock psicodélico. Actúan Brainless Duck, Riot in the Attic, Bones Of Minerva, Desert Smoke e Karkara.
FESTIVAL MONTANDO CRISTO – 28 de setembro – O Porriño
Forte presenza de músicos vigueses na praza porriñesa de San Sebastián con Zalomon Grass, Stoned at Pompeii e No One Alive.
COSTEIRA SONORA – 5 de outubro – Pazo de Toubes (Cenlle)
Neste fermoso pazo poderemos gozar da música de Club del Río, Joe Crepúsculo, Lontreira ou Malamute.
PIRATA BEACH FESTIVAL – 25 e 26 de outubro – IFEVI
O IFEVI volve acoller música con este festival de músicas urbanas encabezado por SFDK, Tote King, Sho-Hai, Israel B, Fyahbwoy, El Chojín, Arce, Las Ninyas del Corro e Lara Taylor.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Dez anos do Desafío Boot Camp, a carreira de obstáculos máis emblemática do noroeste peninsular - 13 Setembro, 2024
- Nin Batman quere perderse o 40º aniversario da Orquestra Clásica de Vigo - 10 Setembro, 2024
- Beiramar de fondo: o pasado industrial de Vigo sae á superficie - 29 Agosto, 2024
- 12 festivais para pechar o verán e comezar o outono - 29 Agosto, 2024
- Pantomima Full, La Ruina, Héctor Alterio ou Cayetana Guillén-Cuervo visitan este outono o Teatro García Barbón - 21 Agosto, 2024