CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’?

O restaurante As Cunchas de Vigo acolle este sábado 23 unha batalla de bocadillos entre dous clásicos da televisión: o mítico bocadillo de albóndegas de Friends e o bocadillo de tenreira da aclamada serie The Bear.

CAMELIAS NADAL
Gonzalo e Xacobe Losada, cociñeiros de As Cunchas | Foto: Paula Cermeño

Como na publicidade de décadas pasadas, esta fin de semana no restaurante As Cunchas poden colgar na vidrieira o cartel de “Visto en TV”. O restaurante, especializado en cociña tradicional e á grella, organiza o sábado a partir das 20:00 h unha batalla entre dous bocadillos televisivos: o entrepán de albóndegas polo que devecía Joey na serie Friends e o de tenreira con pementos co que Carmy nos fai salivar en The Bear. Non é a primeira vez que o restaurante as Cunchas recrea recrea este segundo,que sen dúbida permanece na memoria dos que tiveron a sorte de probalo. “A día de hoxe segue chamando xente ao restaurante para saber se está dispoñible ou cando volverá estar na carta”, explican desde o restaurante.

Alén do reclamo como moda, a receita de The Bear está feita para triunfar: tenreira cociñada a lume maino, pementos verdes da casa asados e un salsa a base de queixo cun ingrediente secreto. Tampouco queda atrás o seu competidor, o bocadillo de albóndegas de tenreira con salsa de tomate caseira e mozzarella fundida. O chef do restaurante, Gonzalo Losada, ten claro que as bondades da cociña tradicional poden estar en guisos elaborados, pero tamén en bocados menos valorados. “A alta cociña é xenial, pero nada substitúe o pracer dun bo bocadillo”, sentencia. Un dato importante para todos os celíacos e intolerantes ao glute é que ambos os bocadillos están dispoñibles en opción de pan sen glute, de Pan para todos, e as albóndegas están feitas sen fariña de trigo.

A noite estará chea de sorpresas e os mozos do El Garaje Barbería cortarán en vivo e en directo o pelo de Gonzalo Losada, alcumado “Chef Gudini”, que leva deixando crecer a melena os últimos oito anos. Tamén haberá música en directo da man do Dj. Kymusic e nesta ocasión a festa estenderase ao local veciño, Porta 121. Un espazo pensado para eventos privados, aniversarios ou calquera tipo de celebración que desde As Cunchas acaban de remodelar e conta cuns espectaculares murais do artista urbano vigués Xa sabes quen. O artista estará tamén ese mesmo sábado 23 pintando en directo unha lámina do evento que se sorteará entre todos os participantes do sorteo da Batalla de bocadillos.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.