REVISTA ABRIL

Catas, concertos e moita cervexa no Nós&Friends

Os amantes da cervexa teñen unha fin de semana cargadiña de actividades grazas a Cervexas Nós, que de xoves a domingo propoñen plans tan variados como catas, concertos ou mesmo un torneo de futbolín.

REVISTA ABRIL

Este xoves 17 terá lugar o primeiro acto Nós&Friends organizado por Cervexas Nós, unha micro cervexería galega de calidade que pretende levar o recoñecemento que teñen os produtos da nosa terra a outro ámbito como o das cervexas artesanais. Será unha pinchada de barrís no seu local da rúa Fisterra, coa oportunidade de poder coñecer ás persoas que están detrás de cada unha destas marcas artesanais: Cerveses Marina (Catalunya), Cerveza Sanfrutos (Segovia), CCVK (Vallekas), Trisk-ale (Baiona), Cerveses Maresme (Catalunya) e Tito Blas (Bizkaia).

O día grande será o venres 18 coa xornada de elaboración e colaboración na fábrica Nós, no polígono industrial Seixiños (bloque 3, nave 11). Alí haberá unha charla coloqio de Antón Riveiro e os concertos de Gonzalo Caride e banda e de El Pelotón de los Torpes. Ademais de postos de comida e sorteo de agasallos, un dos pratos fortes será o torneo de futbolín para rematar o día.

O sábado a festa continúa no local do Casco Vello, na rúa Palma, co Desmadre Cervexeiro: nova pinchada de barrís e pinchada de DJ a partir das 20:30. Como fin de festa, que mellor sitio que un dos novos locais de Irmandiños como é o Mr. Moch Beer? Como despedida a estes catro días de ledicia, sesión “beermut” a cargo de Bieito Solo ás 13:00 no local da rúa Palma.

(GMT+01:00) Fábrica Cervexa Nós

(GMT+01:00) Cervexería Nós

(GMT+01:00) Cervexería Nós