A cociñar: Pastel salgado
Tomando como base as Mariñeiras inspiradas no pan seco que utilizaban os mariñeiros hai séculos, preparamos un rico pastel, salgado coma o mar, digno da era das grandes travesías.
Ingredientes
- Beicon (100 gramos)
- Cebola pequena (1 unidade)
- Galletas Mariñeiras (1 paquete)
- Leite (200 mililitros)
- Manteiga (1 cullerada)
- Ourego (a gusto)
- Ovos (4 unidades)
- Pementa (a gusto)
- Pemento verde (1 unidade)
- Queixo (6 liscos)
- Queixo relado (100 gramos)
- Sal (a gusto)
- Tomate grande (1 unidade)
- Xamón cocido (100 gramos)
Elaboración
Mentres prequecemos o forno a 180 °C, engraxamos coa manteiga un molde sobre o que colocamos as Mariñeiras, facendo unha base de dous pisos. Deseguido batemos os ovos e mesturámolos co leite. Picamos en cadriños a cebola, o pemento e o tomate e engadímolos á mestura, aderezándoa co ourego, a pementa e o sal. Vertemos todo este conxunto no molde e cubrímolo xamón cocido, queixo e beicon, e culminamos botando o queixo relado por enriba. Enfornamos durante uns 35 minutos, ata que o pastel se aprecie sólido e dourado e o resultado será un prato para compartir coa tripulación escollida.
Daveiga
Baixo un principio de produción responsable, o proxecto empresarial Daveiga naceu en xaneiro de 2005 coa idea de adaptar aos tempos modernos o que se coñecía como «pan de barco». Ano e medio despois, saíron ao mercado as Mariñeiras, un exquisito produto de longa duración sen conservantes artificiais, elaborado a base de materias primas naturais, que pode servir como acompañamento para todo tipo de pratos ou como aperitivo a calquera hora.
Sorteo
Sorteamos un lote de diferentes sabores das Mariñeiras Daveiga e un pack de produtos de Rei Zentolo:
Para participar no sorteo hai que entrar na nosa conta de Instagram premer gústame na publicación da receita e comentar con quen compartiríades este delicioso pastel salgado. E tamén ser seguidor de @amovidavigo, @cocina_con_ce, @clesaoficial e @reizentolo_oficial. O xoves 12 de setembro ao mediodía anunciaremos a persoa gañadora.