CAMELIAS MASCOTAS

Rincón da Miña Nai

A quen non lle gusta saír comer e atoparse coma na casa? E se ademais o prato nos ofrece a mestura de fusionar a gastronomía galega coa brasileira, éxito asegurado! Iso pensou Crystal cando a primeiros de ano, ignorando a quen lle dicía que xaneiro non era mes de inaugurar nada, abriu as portas deste restaurante.

O nome de Rincón da Miña Nai non é figurado: a súa nai é parte indispensable desta aventura no que, considera, o segundo núcleo gastronómico de Vigo xunto co Casco Vello. Naturais de Río de Xaneiro e veciñas de Bouzas desde hai anos, nai e filla ofrecen un lugar de reunión a calquera hora do día.

Nos almorzos, esperan por nós batidos e zumes de froitas exóticas. Nos xantares e nas ceas, o seu forno de carbón vexetal asa saborosas carnes que, combinadas nun variado ao estilo puramente brasileiro, descobre a entranha, un corte de tenreira sen óso que fai as delicias de quen o proba. E, como non, unhas ensaladas de bacallau que farán que chuchemos os dedos. Como acompañamento, non falta o tándem formado polo arroz e a feijoada.

REVISTA NOVEMBRO

As fins de semana destaca o brunch, para que grandes e pequenos collan forza coa combinación de produtos dos dous lados do Atlántico nun ambiente con plantas e cadros en homenaxe ás mulleres traballadoras do Brasil.

rincondaminanai@gmail.com | 685 01 27 15 | @rincondaminanai

Noelia Álvarez
Redactora