CAMELIAS MASCOTAS

Terrae Orgánica, o punto de encontro vigués da sostibilidade e o bo gusto

Un café con calma, un xantar nutritivo, un brunch de fin de semana, ou facer unha compra completa son algunhas das experiencias que nos ofrece Terrae Orgánica, un supermercado e café de produtos ecolóxicos que conquista a parte máis verde do corazón dos vigueses.

Dani e Marcelo na tenda da rúa Venezuela | Foto: Cedida

No mes de maio, Marcelo e Dani fixeron oito anos á fronte de Terrae Orgánica, unha tenda de alimentación, cafetería e restaurante de produtos ecolóxicos en Vigo. Festexaron o seu aniversario no seu recén estreado local na Rúa Vázquez Varela, a poucos metros do local de Venezuela onde levaban despachando produtos da horta, envasados e comidas caseiras todos estes anos. O novo local é máis grande e amplía o espazo dedicado á cafetería cunha luminosa terraza interior cuberta. Permanecen a decoración acolledora con moita presenza de elementos verdes e a amplísima selección de produtos ecolóxicos que converten a Terrae no paraíso ecolóxico de Vigo, tal e como contabamos neste artigo.

Terrae Orgánica é o supermercado ecolóxico máis grande da provincia de Pontevedra. Nos seus estantes atopamos todos os produtos dunha compra diaria. Froitas e verduras galegas, de tempada, sen pesticidas e con moito sabor; ovos “como os da casa”; carnes de polo e tenreira ecolóxicas; legumes, fariñas e sementes a granel; lácteos, refrescos saudables, pan, conservas… tamén teñen cosmética natural e produtos de limpeza respetuosos coas persoas e o medio ambiente. Todo o necesario para facer unha compra completa e saudable nun único lugar.

Tamén encontramos produtos máis específicos, como o surtido de carnes e texturizados veganos; granolas exclusivas, patés vexetais, crema de algarroba e suplementos nutricionais como a espirulina, a maca ou os fungos reishi e chaga, con moitos beneficios para a nosa saúde.

REVISTA NOVEMBRO

No apartado cafetería, o local dispón de dúas terrazas, unha frontal e outra traseira, ambas cubertas, e unha gran mesa corrida no interior. Os tres espazos entran polos ollos, grazas ao uso de madeira, azulexos, sillas metálicas, lámpadas de rafia, elementos vintage e moita vexetación. Nelas podemos desfrutar dun dos seus coñecidos almorzos: batidos, cafés, infusións, biscoitos, galletas e torradas con xamón, salmón ou aguacate, todo elaborado con materia prima ecolóxica. Tamén dispoñen dun menú diario de dez pratos que podemos consultar no taboleiro da porta e as redes sociais. Nel atopamos pratos equilibrados, saudables, con varias opcións veganas e outras con carne e peixe, elaboradas no momento nas cociñas de Terrae.

Os propietarios están preparando o lanzamento da súa tenda online, na que poderemos atopar os produtos de supermercado e cafetería e adiantan que os pedidos a través da web terán un 10% de desconto. De momento, é posible facer pedidos a domicilio a través do whatsapp 658 37 41 08 con envío gratuíto a partir de 50,00 € de compra. Os produtos de cafetería é posible pedilos a través das plataformas de reparto Uber eats e Just eat.

Rúa Vázquez Varela, 44 | @terraeorganica | 986 11 55 50

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.