A quen queres ver en Castrelos en 2025?
O goberno local abriu o proceso para que as empresas presenten as súas ofertas de actuacións para concertos en Castrelos en 2025. As bases xa están dispoñibles na páxina web municipal.

O alcalde deu conta do inicio do expediente para a convocatoria pública da selección de actuacións en Castrelos 2025. O primeiro paso é a publicación na páxina web municipal das bases cos requisitos que deben reunir as propostas artísticas que presenten as distintas empresas interesadas. Poderán ser actuacións musicais, de danza, teatro, circo, maxia e outras artes escénicas, tanto nacionais como internacionais. Teñen que ter interese xeral e dar cobertura á maior diversidade de público obxectivo, como mínimo a 15.000 persoas. O espectáculo, ademais, deberá adaptarse ao espazo e ás características técnicas do Auditorio de Castrelos.




Ao mesmo tempo, o alcalde publicou un vídeo nas súas redes sociais no que pregunta á cidadanía polos seus grupos e artistas favoritos para encher o gran auditorio ao aire libre durante o próximo verán. “Faremos o que vós digades”, afirma o dirixente. O post en Instagram conta xa con centos de comentarios moi diversos, pero algúns dos nomes que máis se repiten son Arde Bogotá, C. Tangana, Estopa, Coldplay, Bruce Springsteen ou o vigués Iván Ferreiro. Cal proporías ti?
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A prohibición dos concertos nos chiringuitos golpea aos músicos locais - 10 Xullo, 2026
- Gudini: pratos de restaurante na túa neveira - 19 Xuño, 2026
- A Selección Galega de Fútbol Gaélico busca apoios para financiar a súa participación nos Xogos Mundiais - 5 Xuño, 2026
- Autobán convoca un premio ao mellor fanzine galego - 3 Xuño, 2026
- Caixiña de Ritmos propón un verán de baile, música e creatividade - 29 Maio, 2026

