UVIGO
FILLOAS

A radio da trincheira

25nov19:00A radio da trincheiraACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) EMAO

Detalles do eventos

A promotora Sinsalaudio, responsable da organización do Festival Sinsal que ten lugar cada verán na illa de San Simón, celebrará o vindeiro luns 25 a partir das 19.00 horas, da man da Escola Municipal de Artes e Oficios do Concello de Vigo, unha actividade na que renderá homenaxe á radio dos anos 80 e a unha das figuras máis relevantes daquel momento nas ondas: Emilio Alonso. A iniciativa, nomeada A radio da trincheira, recreará unha emisión ao estilo da programación daquela época, na que a radio foi testemuña dun espertar social e cultural sen procedentes, e no que Alonso tivo un papel clave. O acceso ao evento, que terá lugar na EMAO (Avda García Barbón, 5), e no que haberá entrevistas e actuacións ao vivo, será libre ata completar capacidade.

O nome da actividade fai referencia ao programa A trincheira, de RNE e que, no seu día, creou, dirixiu e presentou Emilio Alonso, quen tivo un papel moi destacado na difusión do movemento social e cultural na cidade de Vigo a partir da década dos 80, especialmente no ámbito da música, mais tamén noutras manifestacións artíticas como a pintura, o deseño gráfico, a moda ou mesmo o compromiso social. Nos seus programas, Emilio apostou polas fórmulas de autoedición do momento, como as maquetas en cintas de casete ou os ‘fanzines’ impresos en fotocopiadoras. Esta cultura que agromaba desde baixo e cara arriba, do “faino ti mesmo” (agora nomeada DIY), deu como resultado o xurdimento de numerosos artistas, colectivos e dunha intensa actividade social, ademais dun modelo do que hoxe, a ollos de Sinsalaudio, “somos herdeiros”.

Radio da trincheira entrevistará, lonxe dun afán de nostalxia, a algunhas das persoas que participaron daquelas vivencias excepcionais, con traxectorias heteroxéneas e que non soamente poden achegar recordos, senón que poden reflectir o que o propio Emilio Alonso, no seu libro Vigo a 80 revolucións por minuto describiu como unha evolución, ou unha globalización, “é dicir, que as actividades características deixaron de ser excepcionais e fóronse facendo cada vez máis habituais”. Trátase dunha nova homenaxe que Sinsalaudio rende a Emilio Alonso, logo da sesión musical Malmequeres: rastrexando arquivos que lle dedicou este xullo, durante a celebración da última edición do Festival Sinsal SON Estrella Galicia celebrada na illa de San Simón -e da man de Phonotoner-, ao seu arquivo de casetes.

Máis

Hora

25 novembro, 2024 19:00(GMT+01:00)

Localización

EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events