CAMELIAS MASCOTAS

Lagareta by Aurora, do almorzo ao solpor

Lagartea é un restaurante e bar pensado para desfrutar do verán ao aire libre. Comezar o día cun brunch no xardín, organizar un evento con piscina e menú personalizado ou petiscar cos amigos despois dun longo día de praia, co pór do sol fronte a nós, son algúns dos plans que ofrecen.

A pandemia forzou ao dono de Lagareta a reconverter este espazo para vodas nun local con encanto para ao público xeral. Desde o 2020, esta casa de Saiáns é un espazo polivalente con cafetería, restaurante e piscina, no que desfrutar devagar con tempo de diferentes eventos.

Lagareta by Aurora é un xardín con restaurante ou un restaurante con xardín. A cociña está aberta todo o día, con diferentes opcións para almorzar, xantar, merendar, cear ou tomar unha copa. Todos estes momentos maridan á perfección coas súasvistas sobre a ría e a posibilidade de comer baixo a sombra dunha árbore, cos pés no céspede.

REVISTA NOVEMBRO

O restaurante ten mesas dentro do local, pero tamén baixo as lonas brancas da terraza e nos agradables xardíns da planta baixa. A carta conta con tres apartados: brunch, mediodía e noite. Pola mañá e a media tarde sérvense gofres pancakes e torradas con bebidas como zumes naturais e bebidas quentes. Neste artigo falamos máis sobre as opcións de brunch. Nos horarios de xantar e cea, as opcións son moi variadas, con moitos pratos pensados para petiscar, como croquetas, gyozas, ovos rotos ou táboas de embutidos; e tamén para comer de prato, como faceiras, picaña ou salmón noruegués . Nos tres menús encontramos opcións para celíacos, veganos e vexetarianos.

Aquí a comida é moi importante, pero o principal atractivo é a localización, afastada do ruído da cidade e con magníficas vistas ao mar, a poucos minutos da praia de Canido. Búscase fuxir do concepto de restaurante típico para supoñer un espazo de pracer, onde os solpores se poden gozar desde as tres terrazas e os xardíns. A piscina pode usarse baixo reserva e é de uso privado para o grupo que a alugue ese día, algo moi acaido para festexar unha festa privada. Se imos en grupo, é posible reservar un menú ao gusto, para que a experiencia sexa totalmente personalizada.

@lagareta_by | lagareta.cartasdigitaleszc.com | 627 48 50 78

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.