Lagareta by Aurora, xardín de encontro con vistas ás Cíes
De salón de vodas, bautizos e comuñóns, a remanso de paz moi preto da praia. Lagareta by Aurora é un restaurate, cafetería, xardín e espazo para eventos con moito verde, no que desfrutar con tempo e con todos os sentidos.
Afastada do ruído do centro urbano encóntrase unha das inauguracións máis sorprendentes da tempada. Os donos do Catering Don Pepe deicidiron reconventir Aurora, un espazo de eventos de salóns clásicos, nun lugar de encontro ao que poder darlle uso a diario. Eles mesmos reconverteron o mobiliario e a decoración que xa tiñan para renacer cun concepto máis actual: Lagareta by Aurora.
O resultado é un establecemento con cociña aberta todo o día, ao que se pode acceder a calquera hora para gozar dun brunch, un vermú ou unha cea de picoteo con amigos, ou para sentarse con calma a degustar un arroz con polbo ou unha hamburguesa… as opcións son prácticamente infinitas e adaptables a celíacos, vexetarianos e veganos. Para o dono do local, a comida é importante en Lagareta, pero non o principal atractivo. Aquí búscase fuxir do concepto de restaurante ao uso para converterse nun espazo de desfrute para todos os sentidos. De feito, xa están programando concertos cada fin de semana e outras actividades como sesións de ioga con almorzo saudable. As vistas ás Cíes desde a súa terraza e o amplo xardín con piscina completan a placenteira experiencia de achegarse a Lagareta.
Por onde empezar: Dado o amplo horario do local, o menú de Lagareta variará en función da hora en que o visitemos. Unha opción de almorzo, brunch e merenda son as tortiñas con Nutella, ou os bagels de salmón marinado, segundo nos apeteza máis doce ou salgado e para beber un zume de mazá, piña, kiwi e hortelá.
Estrada de Camposancos, 347
627 48 50 78
@lagareta_by
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Extraescolares a calquera idade - 29 Agosto, 2024
- The Wild Fest, TerraCeo, Meu Fest e festas en Zamáns para pechar o mes de agosto - 28 Agosto, 2024
- Volve The Wild Cinema, o festival internacional de cine e ecoloxía de Vigo - 23 Agosto, 2024
- Os vigueses elixen a mellor hamburguesa de España a partir do xoves 22 - 19 Agosto, 2024
- Percorremos os oito novos murais de Vigo Cidade de Cor 2024 - 14 Agosto, 2024