Espacio Alas, un novo centro para mellorar a relación con nós mesmos
A pedagoga e orientadora María Comesaña é unha das novas inquilinas dos locais do Casco Vello Alto. En Espacio Alas proporciona acompañamento e ferramentas para mellorar a vida das persoas a calquera idade e de diversas formas.
María Comesaña domina a arte da conversa. Da escoita, do acollimento e de facer sentir atendido ao interlocutor. Parte desta destreza vénlle das súas andaduras polo mundo: India, México, Etiopía, Albania… por onde camiñou abrindo moito os ollos e as orellas, facendo o esforzo consciente por absorver o máximo posible e volvendo de cada viaxe cunha aprendizaxe nova e unha vontade crecente de axudar ás persoas.
Outra parte é froito da súa profesión durante as últimas décadas, como profesora e orientadora nun centro educativo, onde ofrecía apoio e asesoramento psicopedagóxico ao alumnado, familias e profesorado. Agora abre ese servizo de orientación a calquera que queira achegarse a Espacio Alas, o seu local na rúa San Sebastián, 26.
En Alas, María ofrece sesións individuais, familiares e grupais para aprender a ser un pouco máis felices. Desde orientación educativa a acompañamento en procesos de cambio e sesións para mellorar a convivencia en parella, familia ou con nós mesmos. Explica que vivimos nunha sociedade que dá pouca importancia á saúde emocional e na que é preciso normalizar buscar apoio á hora de tomar decisións a calquera idade, tamén despois da etapa educativa. Ela é a profesional axeitada para acompañarnos. Ademáis da falada experiencia, un completísimo e eclécto curriculo académico avala os seus pasos: pedagoga, mestra en educación primaria, máster en educación psicomotriz, cursos de mediación familiar, reiqui e quigong.
Tamén hai persoas que acuden a ela para mellorar a relación consigo mesmas. María acompáñaas no proceso de valorar o que xa teñen, descubrir o seu potencial para aplicalo no traballo e vida persoal e perseguir o seu propósito. “En moitos casos a solución non é cambiar de vida, senon mirar o que xa estamos facendo desde unha perspectiva máis amable con nós mesmos”, explica a orientadora.
Ademais das sesión privadas, en Espacio Alas atopamos dous tipos de obradoiros en grupos. O primeiro son xornadas puntuais sobre un tema concreto. Por exemplo, neste momento podemos inscribirnos no obradoiro Educando niños felices, que celebrará o día 25 de marzo cun número reducido de persoas. Por outra banda, ofrece clases regulares de consciencia psicocorporal. Nestas clases combina Qigong (terapia tradicional chinesa) con meditación e exercicios de respiración que axudan a mellorar o noso benestar de xeito integral, calmando a mente e aumentando a enerxía.
Todas as actividades son diferentes camiños para unha meta común: lograr que as persoas de calquera idade se comprometan consigo mesmas a sacarlle partido e desfrutar das súas vidas, aprendendo a xestionar as inevitables crises.
Web: epacioalas.com
Facebook: Espacio Alas Orientación para la Vida
Instagram: espacio.alas.orientacion
Teléfono: 627 61 07 92
Dirección: Rúa San Sebastián, 26
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024
- Monkey Park, diversión salvaxe en Portugal - 12 Novembro, 2024
- Tea Talk, un sorbo de Asia no corazón da cidade - 7 Novembro, 2024
- Compass, unha experiencia musical de Bach ao jazz máis actual - 5 Novembro, 2024