VIALIA
bannerPicnicSesions

Savia Yoga Integral propón un retiro para reconectar con nós mesmos

“Uns días pensados para recoñer a nosa esencia, soltar a mochila e os pesos, para recomezar” Así resume María García o sentir co que organiza o Retiro Esencia, un fin de semana deseñado para atopar o equilibrio “entre corpo, mente e espíritu”, moi acaído no mes de setembro, tempo de reconectar con nós mesmos e comezar o novo curso con novos proxectos e, ¿por que non?, unha nova mentalidade: a de coidarnos máis e mellor.

María García é a responsable de Savia Yoga Integral, unha escola de ioga na que se practica esta disciplina para promover o benestar a todos os niveis, tanto físico como mental. Sobre as súas aulas no centro de Vigo xa vos falamos neste artigo. Para García, o ioga precisa de disciplina física, máis o verdaderamente importante é que ese movemento, acompañado de respiracións conscientes, meditación e ensinanza, xenere paz nas nosas vidas. A dimensión “integral” que aplica á súa disciplina fai que os beneficios sexan visibles tamén fóra da esteira.

REVISTA ABRIL

Ese mesmo obxectivo será o que se persega no Retiro Esencia, que organiza entre o 24 e o 26 de setembro na Casa da terra, situada na preciosa paisaxe das antas de Ulla. Un lugar que transmite tranquilidade, rodeado de natureza, lonxe do bullicio e, con sorte, das preocuopacións que nos enchen a mente con banalidades e preocupacións do día a día. En Retiro Esencia estará María, e tamén a súa compañeira nesta aventura, Laura Otero, bióloga especializada en nutrición natural holística e vegana, que ensinará os beneficios que comer de forma saudable e consciente ten en nós a nivel físico e emocional.

Para as organizadoras o outono é a estación ideal para participar neste tipo de dinámicas, por ser un momento de recollemento despois da expansión do verán, no que de xeito natural procuramos o noso espazo interno e tentamos construír un plan para o novo curso.

Ademais de ioga, meditación e alimentación consciente,no Retiro Esencia tamén haberá momentos para a danza e un concerto de Kirtan, un canto participativo de mantras utilizado para a práctica de meditación e ioga. Esta actividade será ofrecida polo grupo Kirtan Gauri Ma, da Escuela de Yoga Integral Mahashakti. Todo en contacto coa natureza e pensado “para que se alinee a túa enerxía e se manifeste o teu ser”, segundo explican na web da experiencia.