CAMELIAS MASCOTAS

Que facer en Vigo esta fin de semana

Estes son algúns dos mellores plans que atopamos en Vigo esta fin de semana, do 10 ao 12 de febreiro, pero podes consultar na nosa web a axenda de eventos máis completa da cidade. Premendo no título de cada evento podes ver máis detalles do mesmo.

Charla e concerto con Berto – Venres ás 20h

O artista pontevedrés será o encargado de pechar a Semana da producción e xestión musical que organizan profesores e alumnos do Conservatrio superior de música. Nesta última actividade Berto compartirá co público o proceso de creación dalgúns dos seus proxectos e pechará a súa itervención cunha actuación musical. A actividade é no CSM e con entrada de balde.

Concerto de Pauliña + The Buyankers – Sábado ás 19h

Unha das voces con máis caracter e forza reivindicativa da actualidade en Galicia é Pauliña que ademais acaba de sacar o seu primeiro disco Teste,uñas, no que a autora di poñer “sangue, suor e raiba”. O mesmo día actuarán The Buyankers, formación manchega que mestura rock, con blues e ska. O concerto é na Rebullón e custa 10,00 €.

Monólogo de Paz Padilla – Venres ás 20h e sábado ás 19:30h

A popular presentadora de televisión sufriu hai uns anos a morte do seu marido e tivo que decidir como afrontar este duro golpe. Desa experiencia saiu un libro e o monólogo El humor de mi vida, no que combina humor con pena e aprendizaxe. Será no Auditorio Mar de Vigo e as entradas están á venda a partir de 23,00 €.

Obra de teatro 3240 – Venres e sábado ás 20h

Peza creada e interpretada por Deborah Vukusic que conta unha historia baseada en feitos reais sobre unha estafa amorosa en internet. Forma parte da programación de Vigocultura , o programa de artes escénicas do Auditorio Municipal e as entradas teñen un prezo de 8,00 €.

Vivir o Entroido en Matamá – Sábado ás 23h e domingo todo o día

Fin de semana de Entroido en Matamá, onde se celebrarán dúas xornadas festivas no torreiro con concurso de disfraces e DJ o domingo e sesión vermú, concerto e batucada o domingo.

Concerto de Los Jinetes de Trópico – Sábado ás 21:30h

Cumbia, reggaeton á galega e punk tropical: así define o trío de Monforte o seu ecléctico estilo. Temas como ‘Furancho’, ‘Namorei dunha pulpeira’ ou ‘cumbia de Muxía’, xunto a Tanxugueiras. Podemos desfrutar do seu espectáculo verbeneiro en La Fábrica de Chocolate. As entradas custan 9,00 €.

Concerto de Tonhito de Poi – Domingo ás 12:30h

O mítico guitarrista dos Heredeiros da Crus actuará en solitario no Lar das Artes presentando as cancións do seu proxecto en solitario. O concerto é en sesión vermú de balde e despois podemos quedar comer un churrasco no local.

Música, natureza e diversión para todas as idades en Picnic Sesións – Domingo ás 13h

Asociación Cultural Liderais e Radio Costeira Saiáns queren celebrar este setembro a segunda edición do festival Picnic. Para conseguilo, organizan eventos mensuais para recadar fondos. Este domingo haberá contacontos e obradoiro infantil e concertos de Adolfo FH e Red Duck Blues. A entrada é de balde.

Espectáculo Esto no es un show, de Galder Varas – Domingo ás 18:30h

REVISTA NOVEMBRO

O cómico Galder Varas, popular polos seus sketches en redes sociais, lánzase aos escenarios con que, advirte, non debe considerarse un show, pero si un monólogo coa “honesta intención de facerlle rir a gargalladas”. As entradas para desfrutalo no auditorio do Teatro Afundación xa están á venda a partir de 16,00 €.

Salón do Vehículo Clásico – Sábado e domingo durante todo o día

 Varias exposicións de coches e motos clásicas, zona de compra-venda de particulares, aparcamento para os clásicos dos afeccionados, postos de recambios e de agasallos…todo isto poderá atoparse esta fin de semana no IFEVI. A entrada custa 8,00€.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.