VIALIA
bannerPicnicSesions

Pauliña + The Buyakers

11feb19:00Pauliña + The BuyakersCONCERTOS | 10,00€19:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical é unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade de hoxe en día. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser: directa, sinxela, achegada…, non deixa indiferente a ninguén. No 2021 por mor da pandemia do COVID-19, Pauliña segue cara adiante. O día 1 de maio presentou o seu novo traballo discográfico: Testemuñas, no que puxo sangue, suor e raiba, que de seguro sorprenderá a propios e alleos como todo o que esta muller foinos amosando dende o seu primeiro traballo, e que a levará a percorrer as estradas cos seus músicos paraamosar a tod@s porque é unha das bandas máis consolidadas da Galiza.

The Buyakers é unha banda de música rock que se formou na cidade de Puertollano (España) en 2008. Cunha mestura de rock, blues, swing, ska e reggae, imprimen á súa música un selo persoal que os diferenza do resto de grupos do panorama musical español. Co segundo traballo discografico, continua a senda de rock e chiscadelas de humor aberta no seu debut. Financiado a través dun #exitós proxecto de crowdfunding, “El Bar De Los Muertos” tráenos de volta os ritmos pagadizos, as letras divertidas e as reminiscencias tarantinas que poboaban “Empieza la Función”, pero aderezados polo empaquetado dun disco que reflicte a notable evolución do grupo manchego.

Máis

Hora

(Sábado) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events