REVISTA ABRIL

As Picnic Sesións volven a Saiáns este domingo

12feb13:00As Picnic Sesións volven a Saiáns este domingoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde13:00(GMT+01:00) Baixada á Praia, Saians

Detalles do eventos

Chega a nova edición das Picnic Sesións, organizado pola Asociación Cultural Liderais e Radio Costeira Saiáns, este domingo 12 de febreiro. O obxectivo desta asociación é que a parroquia de Saiáns teña a segunda edición do seu festival o 2 de setembro de 2023. Para conseguilo, levan a cabo unha serie de eventos e actividades mensuais para recadar fondos, que servirán para financiar o devandito festival.

Natureza, Cultura e Comunidade, son os tres piares que sosteñen o proxecto.

A programación das Picnic Sesións do domingo 12 é a seguinte:

  • 13:00: ‘Contos de nenas grandes e pequenas’ de Tropa de Trapo.
  • 14:30: concerto de Adolfo FH.
  • 16:00: obradoiro ‘Do mar ó monte, do fento á alga’ de Alberto García, profesor de bioloxía.
  • 16:30: concerto Red Duck Blues

Máis

Hora

(Domingo) 13:00(GMT+01:00)

Localización

Baixada á Praia, Saians

Baixada á Praia, 83

Other Events