VIALIA
REVISTA NOVEMBRO

Colexio Alborada

Este centro plurilingüe abre as portas cada día lectivo ás 7:30 h co servizo denominado aula matinal.

Alumnos de educación infantil, primaria e secundaria aprenden a través de retos e proxectos de investigación. Fomentando a curiosidade no alumnado e mantendo unha constante renovación pedagóxica, o equipo docente desta escola leva a cabo diferentes actividades como concursos, exposicións, traballos medioambientais, xornadas temáticas… Un dos puntos máis salientables deste centro de ensino é a atención á diversidade e á educación inclusiva, ademais dunha constante importancia na aprendizaxe de idiomas. Grazas ao ambiente familiar e a un trato personalizado, a rapazada recibe a concienciación necesaria para abordar estas cuestións. Para complementar o plan, realízanse viaxes culturais ao largo e longo do Estado e de inmersión e intercambio no estranxeiro.

O Colexio Alborada ten como obxectivo principal facilitar o desenvolvemento integral do alumnado co fin de formar adultos responsables, capaces e respectuosos consigo mesmos, cos demais e coa contorna. O centro dispón ademais de comedor, ludoteca e un interesante catálogo de actividades extraescolares, como natación, robótica ou xadrez.

Ás xornadas de portas abertas pódese acudir baixo cita previa chamando por teléfono ao colexio.

Enderezo postal: Avenida do Aeroporto, 392
Enderezo electrónico: cpr.alborada@edu.xunta.es
Teléfono: 986 27 24 32
Web: colexioalborada.es

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.