Propostas para que pequenos e maiores pasen un Samaín de medo
Vigo énchese de bruxas, zombies e pantasmas para celebrar o Samaín. Ao longo dos vindeiros días, a cidade estará repleta de actividades para todos os públicos para celebrar esta festividade terroríficamente divertida.
A continuación deixámosvos unha lista coas actividades de Samaín para os pequenos da casa.
VENRES 28 DE OUTUBRO
- Festa de Halloween – Ludoteca SpaceNatur ás 17h
- Truco ou trato con Vialio – CC Vialia ás 18h
SÁBADO 29 DE OUTUBRO
- Ciencia no Samaín – Navia ás 11.30h e O Calvario ás 17.30h
- Taller de Samaín – Cañaveral ás 12h
- Pintacaras – CC Vialia ás 17h
- Truco ou trato con Vialio – CC Vialia ás 18h
DOMINGO 30 DE OUTUBRO
- Ciencia no Samaín – O Calvario ás 11.30h e Navia ás 17.30h
- Pasarela de disfraces – CC Vialia ás 17h
LUNS 31 DE OUTUBRO
- Campamento de Halloween – Ludoteca SpaceNatur ás 9h
- Samaín nas pedriñas – As Pedriñas ás 16h
- Actividades e talleres de Samaín – Mercado de Teis ás 17h
- Samaín no Berbés – Praza do Berbés a partir das 17h
- ‘O medo hai que entretelo’ (Raquel Queizás) – Navia ás 17h e O Calvario ás 19.30h
- Taller de maquillaxe e photocall – Estética Comesaña a partir das 17.30h
- Pintacaras e talleres de Samaín – CC Travesía de Vigo de 1730h a 19.30h
- Taller de maquillaxe de Halloween – CC A Laxe de 17.30h a 20.30h
- Sinatura de libros Ledicia Costas (autora ‘Os Minimortos’) – Librouro ás 18h
Os adultos e público en xeral tampouco teñen porque quedar sen celebrar o Samaín, pois hai programación ben interesante tamén para eles. O Calvario terá actividades para nenos e maiores desde o sábado 29 ata o martes 1, como batucada, espectáculo de maxia… Vialia tamén inclúe na programación de Samaín un karaoke terrorífico o venres 28 e o sábado, o Centro Comercial Camelias celebra a Festa do Medo, que mistura Halloween coa cultura xaponesa. O domingo 30 ás 16h terá lugar a concentración motera en Samil, ao puro estilo Ghost Rider e pola noite, Multicines Norte proxectará o clásico filme de terror ‘A noite dos mortos vivintes’. O luns 31, poderedes celebrar a noite oficial do Samaín en varios locais tematizados, como é o caso do Lar das Artes, Sinatra Cóctel Bar, Transylvania Pub ou Molotov, que tamén terá actividades ao longo da fin de semana anterior.
Tampouco esquecemos as visitas ao cemiterio de Pereiró, que continúan os días 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9 de novembro.
Visita a nosa axenda de eventos para consultar máis información de cada un destes eventos.
Inés García
Últimos posts de Inés García (ver todos)
- Recomendacións para despedir o Nadal coma Reis en Vigo - 4 Xaneiro, 2023
- Que facer en Vigo a última semana de 2022 - 28 Decembro, 2022
- As nosas recomendacións para despedir o ano en Vigo - 27 Decembro, 2022
- Un Nadal cheo de actividades para toda a familia - 23 Decembro, 2022
- Bad Gyal, Jorge Drexler e La M.O.D.A entre as primeiras confirmacións do Festival Portamérica - 20 Decembro, 2022