CAMELIAS MASCOTAS

Nubes Blancas: O atlas das nubes

Boa parte do equipo do recordado centro infantil La Flauta Mágica está a piques de tocar o ceo. Miriam e Silvia non paran de traballar reo para a apertura en setembro do centro de estimulación infantil e prenatal Nubes Blancas, facendo coincidir a inauguración co inicio do curso escolar.

Abranguendo principalmente as etapas de embarazo, posparto e primeira infancia, a paixón que as educadoras senten infancia e pola música conflúe nas diferentes propostas que o inminente centro prepara para nais, pais e pequerrechos. Actividades acuáticas, educación maternal, educación musical temperá, iniciación ao piano, inglés, masaxes para bebés ou trastornos no desenvolvemento ou na conduta son algúns dos mais salientables, pero a oferta é moito mais ampla.  Organizaranse ademais con certa frecuencia charlas, cursos e obradoiros relacionados co mundo infantil. Máis de 15 anos de experiencia avalan ás devanditas profesionais que capitanean un equipo  que pretende servir de guía e impulso para a rapazada. Un templo ao que acudir para chegar a desbloquear o potencial dos cativos, un atlas para que as capacidades e o talento cheguen tan alto como as nubes.

REVISTA NOVEMBRO

A matrícula para o próximo curso escolar xa está aberta e o formulario para inscribirse está dispoñible na web. Podemos solicitar mais información por telefono ou correo electrónico. Para chegar ás nubes.

Rúa do Uruguai, 12 | nubesblancas.es | info@nubesblancas.es | 664 50 58 63 | @nubesblancasvigo

Lourdes Tomé
Redactora

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.