CAMELIAS MASCOTAS

Sipi Nopi, roupa colorista e sostible elaborada en Cangas

Escoller as primeiras pezas de roupa é un dos preparativos que máis ilusión lles fai aos proxenitores neófitos. As irmás Ángela e Marta Giráldez téñeno claro: diversión, comodidade e seguridade son as máximas que segue a marca que respaldan, confeccionada integramente no concello de Cangas: Sipi Nopi.

Aínda que proceden de mundos alleos á moda (unha é graduada social e a outra é auxiliar de farmacia), as irmás Giráldez empezaron a traballar en 2008 na tenda dunha súa tía na vila, co soño de ter unha marca de seu. O soño volveuse realidade uns anos máis tarde ao comprobar o éxito dos seus deseños que lanzaron e botouse a andar Sipi Nopi. As dúas seleccionan persoalmente cada tecido, elaboran os patróns –algúns tan orixinais como os quimonos para bebés– e contan co apoio doutro taller pequeno para facer dúas coleccións ao ano, que intercalan con novidades cando algunha tea lles conquista ollar. Todo queda en familia, formando un equipo flexible e que se complementa á perfección.

REVISTA NOVEMBRO

Ademais das súas coleccións de roupa, contan con outras marcas afíns á súa filosofía de sostibilidade, como Rocky Horror Baby ou Reflap e abarcan tamén accesorios como mochilas ou panos a xogo con modelos coloristas. Pezas con motivos de animais, do espazo ou de xoguetes e con frases chulas para que a cativada se exprese poña cun toque de humor, por exemplo, cos monos «Ni-Ni»: para bebés que nin dormen nin deixan durmir.

Todos os produtos que da marca se venden na tenda física e na Rede teñen o certificado OekoTex Standard 100: son sostibles e están libres de substancias tóxicas ou nocivas nos materiais –emprégase, sobre todo, algodón orgánico ou poliéster compatible co certificado– e nos procesos, como as tinturas, todas vexetais. O maior orgullo para as irmás é que a rapazada prefira a comodidade das súas pezas, froito do cariño posto na patronaxe, e que duren a través das xeracións grazas á calidade que posúen, recuperando a emoción de compartilas con irmáns, curmáns e amigos. Con Sipi Nopi podemos volver á crianza devagar.

Rúa do Sol, 23 (Cangas) | Sipinopi.com | 986 30 42 95 | @sipinopikids

The following two tabs change content below.

Maruxa Gesto

Últimos posts de Maruxa Gesto (ver todos)