REVISTA ABRIL

Libre de sufrimiento, moda solidaria, sostible e vegana

A marca Libre se Sufrimiento by Lola nace cun dobre obxectivo: concienciar sobre a responsabilidade que se adquire ao aumentar a familia cun animal e crear pezas de roupa e outros produtos orgánicos e con tinguiduras á auga.

REVISTA ABRIL

Esta marca solidaria, sostible e vegana ten por protagonista a cadela Lola. O proxecto empeza na educación e a concienciación dos máis pequenos cun cómic de seu, no que explica como pasou de ser pordioserita a deseñadora de moda. Movida polo amor aos animais e as ganas de concienciar á sociedade, Lola puxo en marcha a marca de roupa e outros produtos cando descubriu a realidade dos cans de caza. Quixo actuar e poñer o foco nos malos tratos ao que se ven sometidos estes animais. O nome da marca, Libre de sufrimiento, é a definición da filosofía que mantén: o respecto por todos os seres vivos. É por iso que todos os produtos que ofrece son orgánicos e con tinguiduras á auga. O proxecto nace principalmente pola necesidade de dar calidade de vida aos que non o tiveron fácil, dar visibilidade e concienciar ás persoas sobre o abandono e a responsabilidade que se adquire ao aumentar a familia cun animal. De feito, unha porcentaxe dos beneficios destínase a apoiar o labor que levan a cabo diversas protectoras.

Unha marca solidaria, sostible e vegana que traslada ademais mensaxes positivas en cada produto: cuncas, camisetas, mochilas… con conciencia e corazón para todos os públicos. Embarcarse neste proxecto deulle a Lola a oportunidade de coñecer unha comunidade que comparte valores e que impulsa a concienciar sobre un futuro que xa é unha realidade.

libredesufrimiento.com
671 69 42 02
libredesufrimiento@gmail.com