Dez plans que non podes perder neste 2022
Agás que o endurecemento das restriccións o impida, a axenda de eventos para este ano que entra está do máis cargada. Concertos, teatro, espectáculos de comedia, festivais, carreiras… este é un bo momento para coller papel e boli e tomar nota do que está por vir. Se que res botar un ollo a moitos dos concertos que están programados para este 2022, preme aquí.
23/01 CARMINA BURANA (Mar de Vigo)
Carmina Burana estreouse en Frankfurt en 1937. Oitenta anos despois segue soando en salas de concertos de todo o mundo. A obra máis famosa de Carl Orff celebra o hedonismo, os praceres, a alegría de vivir… pero tamén mostra unha crítica mordaz á sociedade.
27/01 N.E.V.E.R.M.O.R.E. (Teatro Afundación)
Baixo a dirección de Xron, Manuel Cortés, Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo encabezarán o elenco da proposta de Chévere. N.E.V.E.R.M.O.R.E. pódese referir a corvos que falan ou a pobos que berran, mais a intención é a mesma: lembrar. A idea é seguir usando procedementos documentais para crear ficcións a partir da nosa memoria colectiva. Neste caso, comprobamos se a historia do Prestige foi algo máis ca unha catástrofe ecolóxica, porque ao mellor é unha metáfora, e haina que entender coma un aviso do que estaba por chegar
05-06/02 BERTO ROMERO (Teatro Afundación)
“Mucha tontería” é o monólogo de Berto Romero. O seu título é á vez unha declaración de intencións e unha precisa descrición do seu traballo sobre os escenarios durante os últimos 20 necesaria na nova cita con Berto. Novas historias, novas cancións e algunha que outra sorpresa nesta cita con Berto no teatro. Máis nada que un cómico, un guitarrista e toda a bobada necesaria para non parar de rir.
12/02 PABLO MILANÉS (Teatro Afundación)
Con 78 anos, o veterano compositor sobe aos escenarios coas mesmas emocións que lle deu a música en máis de seis décadas como cantautor. A xira ‘Gira de Luz’ é unha posta en escena cun formato íntimo, aínda que non menos sorprendente e emotivo, onde haberá novas composicións, mais non faltarán as súas cancións clásicas. Ese mesmo día no Mar de Vigo actuará Nacho Vegas.
03-06/03 GHOST, EL MUSICAL (Mar de Vigo)
O espectáculo, que recibiu o Premio Broadway World Spain ao Mellor Musical, é unha produción orixinal dirixida por Federico Bellone, director artístico de espectáculos de recoñecida traxectoria internacional entre os que destacan Mary Poppins, en Italia, de Disney e Cameron Mackintosh.
10/04 VIG-BAY (Vigo e Baiona)
Volve a popular carreira entre Vigo e Baiona, que celebra a súa XXI edición. Por segundo ano consecutivo, ademais do clásico medio maratón, tamén poderase correr o maratón completo, cun total de 42 quilómetros.
Unha das bandas alternativas máis interesantes das últimas décadas parará en Vigo, unha das tres cidades españolas escollidas para a xira ‘Lockdown Hurricane’. O líder da banda, Mr. E, ademais de polo seu labor musical é recoñecido por ser o autor do bestseller Cosas que los nietos deberían saber, publicado no noso país por Blackie Books.
23/04 PANTOMIMA FULL (Teatro Afundación)
O dúo cómico formado por Rober Bodegas e Alberto Casado volve aos escenarios co show ‘En su cabeza era espectacular’. Pantomima Full converteuse nun dos fenómenos máis exitosos da comedia estatal grazas aos pequenos vídeos que comparten nas redes sociais, retratando con precisión á sociedade actual.
10/07 LEON BRIDGES (Mar de Vigo)
Un dos grandes concertos do ano, a falta de saber o que ocorrerá con Castrelos, será o do músico norteamericano Leon Bridges. Malia a súa xuventude, xa é un dos referentes mundiais do soul e R&B.
¿? O MARISQUIÑO (Paseo das Avenidas)
Aínda sen data oficial (normalmente é na primeira metade de agosto), o maior festival da cidade espera realizar este ano o que non puido facer nos dous anteriores por mor da pandemia. Tras tanta polémica e tanta restricción, a cidadanía ten ganas de desfrutar do evento como hai anos, cando reunía a 160.000 persoas en tres días. Lembremos que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou nunha rolda de prensa en marzo que a edición do 2022 será “a máis importante que se fixo nunca na historia” e que ademais haberá un aumento significativo de inversión pública.