VIALIA

N.E.V.E.R.M.O.R.E

27xan20:30N.E.V.E.R.M.O.R.EESPECTÁCULOS | Desde 7,00€20:30(GMT+01:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

O 27 de xaneiro ás 20:30h o Teatro Afundación acolle a obra ‘N.E.V.E.R.M.O.R.E’, baixo a dirección de Xron. Os actores Manuel Cortés, Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo encabezarán o elenco desta proposta de Chévere.

SINOPSE
N.E.V.E.R.M.O.R.E. pódese referir a corvos que falan ou a pobos que berran, mais a intención é a mesma: lembrar. A idea é seguir usando procedementos documentais para crear ficcións a partir da nosa memoria colectiva. Neste caso, comprobamos se a historia do Prestige foi algo máis ca unha catástrofe ecolóxica, porque ao mellor é unha metáfora, e haina que entender coma un aviso do que estaba por chegar…

Coprodución de Chévere e o Centro Dramático Nacional co apoio da AGADIC e a colaboración do Auditorio de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela.

Entradas á venda próximamente. Dispoñible compra do abono de teatro para toda a tempada de teatro Xaneiro/Xuño en www.ataquilla.com, que supón un desconto do 20% con respecto do prezo do billete individual.

Xoves 27 ás 20:30

Máis

Hora

(Xoves) 20:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events