REVISTA ABRIL

22 concertos que están por vir nos próximos meses

Collede papel e boli e anotade moitos dos concertos que están por vir nos próximos meses, algúns deles de artistas internacionais de gran sona.

La MODA durante un concerto no SonRías Baixas en 2021 | P. Vázquez

2021

12/11 TRAVIS BIRDS – Auditorio Mar de Vigo
Recital íntimo con ilustración en directo de Eva Agra, dentro do ciclo Acustiquísimos.

13/11 LUÍSA SOBRAL – Teatro Afundación
Unha das artistas máis distinguidas e recoñecidas das novas xeracións do país veciño, cuxas creacións transitan entre os universos sonoros do jazz, folk ou indie.

13/11 MR. KILOMBO – Auditorio Mar de Vigo
Miki González presenta su disco Cortocircuito dentro del ciclo Acustiquísimos.

20/11 WATERMELON SLIM – Sala Rouge
A lenda do blues actuará dentro do ciclo Máis que Blues.

20/11 BOMBINO – Radar Estudios
Novo hito do rock tuareg, mesturando o blues eléctrico coa música árabe.

24/11 BLACK LIPS – La Iguana Club
Banda estadounidense de garage con máis de 20 anos de traxectoria.

27/11 ANDRÉS SUÁREZ – Teatro AFundación
O cantautor ferrolán visita Vigo dentro do ciclo de concertos Porto Maresía.

28/11 GUADI GALEGO – Teatro AFundación
Dentro do ciclo Porto Maresía presentará o seu último disco: Costuras.

04/12 LOS ZIGARROS – Mar de Vigo
Unha das bandas de rock máis rotundas do panorama español.

11/12 LOVE OF LESBIAN – Mar de Vigo
A banda de indie catalana presentará o seu novo traballo V.E.H.N.

18/12 DULCE PONTES – Mar de Vigo
A artista portuguesa interpretará ‘Fascinação Tour’, un show co que rendirá homenaxe aos que foron algúns dos seus principais referentes musicais,

2022

21/01 LA MODA – Mar de Vigo
O octeto de folk independiente presentará o seu último disco Nuevo cancionero burgalés.

22/01 MIKEL ERENTXUN – Mar de Vigo
Erentxun volve á estrada coa súa banda completa e en eléctrico, para darlle unha nova vida ás súas composicións máis célebres.

26/01 M. WARD – Auditorio do Concello
Combina elementos do blues, country, folk e rock n’ roll para crear unha das obras máis persoais e suxestivas dentro da escena alternativa estadounidense. Virá en formato trío.

11/02 NACHO VEGAS – Por confirmar
Un dos pais do folk independiente estatal volve a Vigo para presentar novo traballo.

11/02 MORGAN – Teatro Afundación
Unha das bandas máis talentosas e sólidas dos últimos anos vén con novo disco baixo o brazo.

12/02 PABLO MILANÉS – Teatro Afundación
O trovador cubano trae a súa versión máis íntima nesta xira Días de luz.

12/02 NACHO VEGAS – Mar de Vigo
‘Mundos inmóviles derrumbándose’ é o álbum que lanzará a principios do ano que vén seguido dunha extensa xira

25/03 QUIQUE GONZÁLEZ – Mar de Vigo
Sur en el valle é o novo álbum de Quique González, estandarte da música americana en castelán.

REVISTA ABRIL

12/04 EELS – Mar de Vigo
A banda de Mark O. Everett vén a Vigo por primeira vez co seu ecléctico estilo. Paga a pena velos en directo e ler o libro do seu lider Cosas que los nietos deberían saber.

10/05 TOMMY GUERRERO – Radar Estudios
Skater profesional e multiinstrumentista, Guerrero é unha eminencia no jazz instrumental.

22/09 MICHAEL KIWANUKA – Mar de Vigo
Tras aplazar dúas veces por mor da Covid, parece que por fin poderemos desfrutar dun dos músicos de rock e soul británicos máis salientables dos últimos anos.