REVISTA ABRIL

Arranca O Marisquiño menos multitudinario e máis olímpico

Hoxe arrancou a XX edición do festival de cultura urbana O Marisquiño. Un evento moi esperado pero cos aforos moi reducidos pola pandemia. Pese as limitacións, non baixa a calidade do evento que contará coa presencia de grandes riders como o venezolano Daniel Dhars, subcampeón olímpico de BMX Freestyle.

Adestramentos de BMX esta mañá | Lino Escuris

O Marisquiño coa competición de BMX Junior, os adestramentos no resto de disciplinas e os obradoiros de Basket 3×3, Breack dance, skate ou … para os máis pequenos. A partir de mañá comezarán as principais competicións (podedes consultar os horarios nesta ligazón) na que participarán grandes estrelas internacionais como Daniel Dhars que acaba de gañar en Tokyo a medalla de prata en BMX Freestyle. Tamén recén chegados de Xapón os membros do equipo español de skate: Julia Benedetti, Danny León e Jaime Mateu xa están en Vigo. O domingo terá lugar unha das probas estrela do festival: o MTB Downtown, que este ano desputarase sen a presencia de público.

Desde a organización pídese unha especial responsabilidade de non asistir ao festival se non se conseguiu a entrada, co fin de evitar acumulacións de público e evitar riscos sanitarios. Todos os espazos están valados con dobre peche opaco, polo que non será posible ver a actividade deportiva desde o exterior dos recintos. Un dos obxectivos da organización é facer que nesta edición tan especial o evento poida ser visto polos seus seguidores de forma en liña e en retransmisións televisivas. Por iso é polo que este ano se vaia a reforzar especialmente o streaming que se poderá seguir a través das redes sociais do festival, e que se alcanzou un acordo con Televisión de Galicia e con Televigo para que se faga unha cobertura especial do festival este ano. Desta forma, TVG 2 retransmitirá en directo as finais do domingo 8 pola tarde e ofrecerá amplos resumos da xornada do sábado ao longo desa fin de semana.