CAMELIAS MASCOTAS

Aí Falaches, agasallos para darlle a lingua

Desde a marca galega AíFalaches.gal cren na importancia de coñecer e preservar os trazos culturais propios de cada territorio. Por iso queren fomentar o uso cotián e normalizado do galego. Coa compra e utilización dos seus produtos (camisetas, suadoiros, bolsas, babeiros, mochilas, …) tamén queren achegar unha finalidade pedagóxica e sensibilizadora, para poñer en valor o galego, tanto no noso territorio como fóra do mesmo. Unha maneira de mostrar o agarimo cara á nosa cultura, á vez que nos permite compartir este agarimo coa xente da nosa contorna, xa sexan galegos ou non, e desta maneira poñer en valor características da nosa identidade e trazos definitorios do noso territorio. E así, contribuír a que se conserve o noso idioma como patrimonio lingüístico e cultural.


Este Nadal Aí Falaches trae o detalle perfecto para aqueles que son moi de aquí pero viven lonxe por traballo ou estudios: a cunca Morriña (12,90 €). Tomando un café ou un té quente con esta cunca que xoga coa memoria e a etimoloxía non só quéntanse as mans, senos que tamén alimentamos un pouco o interior e reafirmamos o orgullo do noso, do noso fogar; sempre no corazón, por moi preto ou moi lonxe que este estea.

Tamén temos unha boa proposta para que o máis rabudo ou a máis rabuda da casa teñan agasallo este Nadal e cambien o humor: a camiseta Son un Toxo en cor verde (17,90 €). Se es un toxo, o primeiro paso é recoñecelo… e, por que non, levalo por bandeira!

E qué pasa cos máis pequenos da casa? Normalmente as crianzas non son tan toxos como os adultos, pero si que hai algún un pouco toxiño… Para eles e elas a versión infantil da camiseta Son un Toxiño (15,00 €), para os que teñen personalidade desde ben pronto.

Se somos rabudos coma toxos tamén temos que avisar cando saímos pola rúa… así que coa bolsa Son un Toxo (15,95 €) ninguén levará a súa mensaxe baixo o abrigo, senón á vista de todos.

Se non quedou claro cal é a nosa naturaza se escollemos estas prendas, aínda temos unha última proposta para subir a aposta: o felpudo galego E ti, de quen vés sendo? (26,95 €) Non hai mellor maneira de recibir á xente na túa casa que cunha boa pregunta: E ti, de quen vés sendo? Nela englóbase toda a información necesaria para outorgar o privilexio de deixar entrar a alguén no teu fogar.

REVISTA NOVEMBRO

Web: www.aifalaches.com

Facebook: @aifalaches.gal

Instagram: @ai_falaches

The following two tabs change content below.

Estela Gómez

Estela naceu no 92 (o ano de Cobi) preto do mar. É filóloga e correctora literaria, cirurxiá de textos, amiga das redes sociais e ten un interese case innato pola moda e a cultura. Estela é aprendiza de todo e especialista en nada, ten incontinencia verbal crónica, e, grazas á mellor das sortes, as palabras danlle de comer.

Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)