CAMELIAS MASCOTAS

Laura Sam: “A spoken word permite dicille á xente: ei! a poesía está actualizada!”

Laura Sam, poeta murciana afincada en Bilbao e afeccionada aos escenarios, é cabeza de cartel mañá na sesión inaugural do 11ª Festival Kerouac, que terá lugar no Museo Marco de Vigo. O certame de poesía e performance continúa durante o sábado e domingo na Taberna do Náutico e o Barco a Cíes.

Laura Sam

Laura Sam é unha das maiores promesas nacionais en spoken word, unha disciplina literaria baseada na palabra oral, semellante ao rap ou os recitais poéticos, pero diferente a eles polo seu caracter efímero e a libertade creativa que enarbolan os que a practican”. O spoken word non está suxeito a un ritmo, unha métrica, ou unha rima”, explica Laura, pero permite o uso destes elementos a demanda e en ocasión incorpora recursos do teatro, a danza ou a música. Recurrindo a outro palabro anglosaxón, a spoken word é a conversión da poesía en performance.

REVISTA NOVEMBRO

Darse de alta nas filas dunha profesión tan minoritaria como a de poeta non parece doado, pero Laura non tivo que pasar o mal trago de contarlle aos seus pais que quería ser poeta porque a profesión veulle dun hábito adquirido case sen querer. Empezou a interesarse pola escritura e fixo os seus primeiros versos con 14 anos, pero non distaban moito dos de calquera con algo de chispa e unha conta de Fotolog. Pouco a pouco foi coñecendo autores, lendo, e desenvolvendo a súa paixón pola palabra. Un día “por casualidade” entrou nun bar no que había un recital e “por cousas do destino” empezou a recital ela tamén. “Non foi ata hai dous anos que mo plantexei como a miña profesión”, confesa, ainda que hai xa unha década que se planta diante do público cun micrófono.

Ademáis de recitar, Sam é fundadoras do Bilbao Spoken Word, un certame co que achegar a poesía á cidadanía. “Creo que a spoken word permite dicille á xente: ei! a poesía está actualizada, mira como mola!”, como así demostra o robusto circuíto de poesía oral que existe e crece a día de hoxe en España. Tamén é autora de Indendiaria, un poemario que publicou en 2019. Como boa poeta oral, Laura deu vida aos seus poemas nos escenarios antes de apresalos no papel, algo que fixo por demanda popular. “O público pedíame poder levar algo despois dos recitais e ler con calma algúns dos versos que eu solto no recital a toda pastilla”, di a autora e recoñece que a ela tamén lle gusta ver os seus poemas convertidos en obxecto.

Segundo a wikipedia a spoken word “trata de conferir á voz humana todas as capacidades e posibilidades dun instrumento musical” e malia que isto poida ser certo, é habitual escoitar á murciana recitar sobre bases musicais. De feito, a súa máis recente aventura e xunto ao músico Juan Escribano, con que comezará a xirar nas próximas semanas. Outra experiencia nesta liña foi subirse este verán ao escenario con Kase O, e recitar nun interludio creado para ela no Jazz Magnetism, o espectáculo máis famoso dun dos rapeiros máis importantes de España. De novo, Laura Sam di que “foi por casualidade”, pero tirando do fío sabemos que foi o rapeiro quen a chamou tras quedar marabillado cos seus vídeos.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.