11º Festival Kerouac

08out(out 8)19:0010(out 10)14:3011º Festival KerouacFESTIVAIS E FEIRAS | -19:00 - 14:30 (10)(GMT+02:00)

Detalles do eventos

A cabeza de cartel indiscutible deste ano é Laura Sam, poeta e activista cultural, organizadora do Spoken Word Bilbao, que saltou desde os escenarios do Slam Poetry aos das grandes bandas, non só polo seu proxecto musical co produtor Juan Escribano, no que atoparon a alquimia perfecta entre poesía oral e música indie, tamén por ser a teloneira do rapeiro Kase O na súa última xira.

O músico e produtor vigués afincado en Madrid, Miguel Marcos, é tamén coñecido como Le Voyeur. Despois de dez anos compoñendo cancións regresa á súa cidade para presentar Muerde aquel Verso, da editorial Ya o dijo Casimiro Parker. Un libro que recolle as cancións deses dez anos, e que presentará en directo con guitarra e voz, acompañado do poeta madrileño Marcos Almendros, director da editorial, tamén fundador do mítico Aleatorio Bar, un dos espazos onde se xestou a movida poética madrileña do 2010.

Na mesma liña de música e emoción poderemos gozar da actuación, por primeira vez en Vigo, de Ronroneo, o proxecto musical de Jacobo Varela, que chega desde Compostela cunha proposta de voz aterciopelada sobre instrumentais jazzisticas. Un crooner melancólico de son actual que recolle o sentir norteño dunha terra dada aos cantantes melódicos e próximos no contido das súas letras, que falan de amor e desamor no século XXI.

Este ano a representación americana chega desde a Universidade de Vermont, coa participación do recoñecida poeta e performer dixital Tina Escaja, tamén coñecida como Alma Pérez. As súas accións son espectaculares e investigan nas novas tecnoloxías desde o corpo poético e a acción poética contemporánea. Robots que escriben poesía, versos escritos a través de algoritmos ou accións poéticas con mensaxe crítica e social son o seu aceno de identidade.

A conexión con México, o outro piar da ponte sobre o océano Atlántico que o Kerouac constrúe cada ano, vén na voz do poeta e performer, xestor e activista cultural, Iván Vergara, eixo e motor da Plataforma Placa, colectivo e editorial de autores de España e América, que leva tamén multitude de anos traballando para unir poéticamente os dous continentes con actividades literarias de todo tipo.

Desde Salamanca chega a poeta Montse Villar, que presentará poemas do seu último libro. Profesora e tradutora, especialmente do portugués, participou en numerosos festivais por toda a península, entre os que destacamos o festival eco poético Voces do Extremo. Sulagar ou soño é a súa última obra poética, bilingüe galego-castelán e prologada por Juan Carlos Mestre.

Desde a escena poética viguesa, nutrida e activa representación este ano, pois non en balde o Festival Kerouac leva definindo e dando espazo e altofalante desde os seus comezos a unha escena poética que tradicionalmente non se deixaba ver demasiado e que agora reivindica o seu sitio no panorama cultural da cidade, bastante maltratado ultimamente, sobre todo na súa facción menos popular e máis alternativa, como pode ser a poesía oral, o spoken word e a performance.

A nova, pero xa amplamente recoñecida poeta Oriana Méndez, tamén activista cultural, a imprescindible Graciela Baquero Ruibal, que está a piques de presentar o seu novo libro, e o colectivo de mulleres poetas do proxecto Desafiando Sombras, moi activas en eventos e micros abertos en Vigo durante todo o ano, entre as que nomeamos a Stella Maris, Alicia Savaxe, Cris Amoedo ou Nila Alvarez.

Máis

Hora

8 (Venres) 19:00 - 10 (Domingo) 14:30(GMT+02:00)