VEGANA

Unha exposición permite coñecer nove séculos de historia do Mosteiro de Oia

A exposición “Un Mosteiro, un mar de historia(s)” ofrece en primicia en Vigo unha experiencia única e dirixida a todos os públicos que explora a grandeza do Mosterio cisterciense de Santa María de Oia (Pontevedra), singular pola súa riqueza patrimonial e polo seu emprazamento, xa que é o único mosteiro do Císter situado na costa atlántica. A mostra estará dispoñible ata o 5 de outubro na Sede Afundación.

A exposición, unha iniciativa en colaboración con Rodríguez + Pintos Arquitectos, Xunta de Galicia e Afundación, está dispoñible desde o 11 de setembro ata o 5 de outubro na sede de Afundación, onde se mostrará con profundidade e de forma innovadora a historia deste monumento, promovendo o seu valor histórico-artístico e fomentando o enriquecemento do tecido cultural do territorio ao que pertence.

O título “Un Mosteiro, un mar de historia(s)” evoca as múltiples narrativas entrelazadas en torno ao mosteiro, reflicte a diversidade de relatos asociados a el e a profundidade da súa herdanza histórica. A exposición presenta o Real Mosteiro de Oia (Ben de Interese Cultural desde 1931), como punto focal de acontecementos desde o medievo ata a época contemporánea, destacando a súa relevancia arquitectónica e relación co territorio. O seu legado cobra vida nesta proposta promovida por Grupo MARE -propietario do Mosteiro desde 2004- a través da Fundación Bretal, apostando por unha xestión baseada na conservación, a divulgación do patrimonio, e a posta en valor a través do territorio e a cultura.

Dirixida a públicos diversos, a exposición “Un Mosteiro, un mar de historia (s)” ofrece catro apaixonantes narrativas que profundan con rigor científico na historia posibilitando un achegamento intelectual, potenciando unha experiencia sensitiva e buscando estimular ao visitante desde un novo carácter interactivo.

A exposición permite coñecer o pasado, presente e futuro do Mosteiro e organízase ao redor de tres eixos temático-temporais. En primeiro lugar, atende os séculos de actividade monacal (s. XII e XIX), seguido da época posmonacal (séculos XIX e XX) e, por último, un terceiro ámbito titulado “Renacer”, que expón o futuro proxecto do Mosteiro como hotel.

HORARIOS: De luns a sábados, de 17:30 a 20:30 // domingos e festivos pechado

17/09 19.30h. CONVERSA: O Mosteiro como inspiración
Iria Morgade, escritora; Carla Andrade, artista visual; Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego e Julio Gómez, co-director de Sinsalaudio, compartirán diferentes experiencias creativas nas que o Mosteiro de Oia tivo un papel determinante. Moderado por Xoán Martínez, director do Real Mosteiro de Oia.
Sala de conferencias. Sede Afundación Vigo. Policarpo Sanz, 26.
Entrada libre ata completar aforo. 

18/09 19.30h. PRESENTACIÓN OFICIAL: Proyecto de Restauración, Rehabilitación y Ampliación del Real Mosteiro de Oia
Con Santiago Pintos, Rodríguez + Pintos Arquitectos; Sarah Barbará, responsable da dinamización cultural do Real Mosteiro de Oia e Xoán Martínez, director do Real Mosteiro de Oia. Moderado por Lara Graña, redactora xefa do Faro de Vigo.
Tres séculos despois do seu último desenvolvemento arquitectónico chega o momento de vivir o nacemento dunha nova etapa para o Mosteiro tras 20 anos de traballo da actual propiedade. Un momento histórico e un proxecto hostaleiro único, que ten como eixo a sustentabilidade económica, social e ambiental.
Auditorio. Sede Afundación Vigo. Policarpo Sanz, 26.   
Entrada con inscrición previa ata completar aforo.

26/09 19.30h. PONENCIA: Historia de un monasterio singular: Santa María a Real de Oia
Un relatorio de natureza histórico-artística no que Carmen Manso Porto, doutora en Historia da arte, analizará o desenvolvemento do conxunto monacal ao longo dos séculos, con especial atención a espazos como o claustro renacentista e outras dependencias edificadas no Patio dos Naranxos no s. XVIII, destacando a singularidade do mosteiro cisterciense de Santa María a Real de Oia.Sala de conferencias.
Sede Afundación Vigo. Policarpo Sanz, 26.
Entrada libre ata completar aforo. 

REVISTA OUTUBRO

03/10 19.30h. ACTO: VI Recoñecemento Real Mosteiro de Oia: Juan Martínez Domínguez 
Este recoñecemento, o ano no que se celebra o 20 aniversario da adquisición do monumento, será entregado a Juan Martínez Domínguez (fundador de Vasco Galega, hoxe MARE) quen iniciou o reto de recuperar o Mosteiro como patrimonio de todos. Destácase o seu labor, dedicación e contribución significativa ao único mosteiro do Císter a beiras do océano Atlántico.
Sala de conferencias. Sede Afundación Vigo. Policarpo Sanz, 26.
Entrada libre ata completar aforo.