Ledicia Costas e Xosé González Martínez, dous vigueses recoñecidos nos Premios da Cultura Galega
Dous vigueses, a escritora Ledicia Costas e o dinamizador cultural Xosé González Martínez recibiron onte na Cidade da Cultura o Premio da Cultura Galega 2020, outorgados pola Consellería de Cultura a persoas de relevancia na creación e difusión da cultura en galego.
Na tarde do xoves 8 de abril celebrouse na Cidade da Cultura a gala de enetrega dos Premios da Cultura Galega, que recoñecen o traballo de profesionais da cultura en lingua galega. O acto quixo ser un “recoñecemento ao traballo do sector ante a pandemia” e contou coa participación de profesionais de diversos ámbitos artísticos. Entre eles, os intérpretes Benedicta Sánchez e Xosé Antonio Touriñán, o escultor Francisco Leiro, o escritor Manuel Loureiro, a presidenta de Músicas ao Vivo, Xiana Lastra; Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo; ou Juan Rodríguez, presidente de Escena Galega.
A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia recoñeceu a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia a través de oito galardóns en oito disciplinas: a escritora Ledicia Costas, o fotógrafo Xurxo Lobato, a Federación de Teatro Afeccionado de Galicia FEGATEA, o centro de música popular aCentral Folque, o exdirector da Filmoteca Española Chema Prado, o dinamizador da cultura e lingua galegas Xosé González Martínez, a Fundación Penzol e a responsable do Centro de Estudos Galegos en Budapest, Ildiko Szijj.
A estatuíña que se esntregou aos oito gañadores desta edición foi elaborado pola artista Soledad Penalta. A peza, chamada ‘ Unha decisión profunda’, está elaborada en aceiro mediante técnicas de corte, soldadura, manuscrito e pintado, e xoga coa simboloxía do infinito e a primeira letra da palabra ‘cultura’.
Ademáis da entrega de premios, durante a gala, que foi retransmitida en directo a través da canle de Youtube de Cultura da Xunta, desfrutáronse diferentes pezas escénicas e audiovisuais, como o espectáculo inicial de danza contemporánea a cargo da compañía Kirenia Danza; a peza audiovisual coordinada pola poeta Yolanda Castaño, na que se conta con rostros coñecidos e anónimos de numerosos profesionais e traballadores da cultura galega; a actuación da artista Laura Lamontagne con DJ PicoAmperio e o Himno Galego interpretado pola soprano Laura Alonso.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024