CAMELIAS MASCOTAS

Afundación propón para xuño actividades sobre o coidado dos océanos

Co motivo da celebración do Día Mundial do Medioambiente, o vindeiro venres 5 de xuño, e do Día Mundial dos Océanos, o luns 8 de xuño, Afundación impulsa ‘Comprometidos co Medio e os Océanos’, un programa de actividades coa sostibilidade como eixo central que se prolongará durante todo o mes de xuño.

O novo programa enmárcase no compromiso de ABANCA e Afundación a favor dun modelo sostible que permita contribuír ao equilibrio económico, social e ambiental da súa contorna, concienciando a sociedade sobre a necesidadde de contribuir aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, e neste caso chamar á participación con actuacións sobre o ODS13: «Acción polo Clima» e do ODS14: «Vida Submarina».

A programación, que comezará o vindeiro luns, 1 de xuño, e que se poderá seguir en directo no portal Afundación en casa, está dirixida a públicos de todas as idades e inclúe ciclos de conferencias, coloquios, exposicións, recreacións virtuais, obradoiros e proxeccións. Estas son as distintas sesións que terán lugar en directo, cuxa inscrición gratuita pode realizarse aquí.

Luns 1 de xuño, ás 17:00 h‘O liderado empresarial para o desenvolvemento sostible tras COVID19’ por María Mendiluce, integrante do Comité de Dirección do Consello Empresarial Mundial para o Desenvolvemento Sostible (WBCSD) e CEO de We Mean Business, unha das organizacións máis influentes nas relacións de medioambiente e clima e política de empresas. Analizará como o coronavirus está a afectar as grandes tendencias globais, os obxectivos de desenvolvemento sostible e as grandes prioridades ante o cambio climático, e cal debe ser a resposta empresarial e gobernamental.

Martes 2 de xuño, ás 19:00 h‘Contribución da pesca aos océanos sostibles: A visión do sector pesqueiro internacional’ porJavier Garat, secretario xeral da Confederación Española de Pesca ( CEPESCA), presidente da Asociación das Organizacións Nacionais de Empresas Pesqueiras da UE ( Europêche) e presidente da Coalición Internacional de Asociacións Pesqueiras

Mércores 3 de xuño, ás 18:00 hColoquio ‘Mulleres do mar’ con Rita Míguez, mariscadora e presidenta de ANMUPESCA, Rosa Chapela, responsable da área de Socioeconomía da pesca do CETMAR Vigo, e Jenifer Suárez, percadora

Xoves 4 de xuño, ás 17:00 h ‘Innovación para un océano sostible’ con Montserrat Pérez, Francisco Rodríguez e Jesús Gago, científicos de diferentes áreas de investigación do Instituto Español de Oceanografía (IEO). Ofrecerán a súa perspectiva sobre as ameazas ás que se enfrontan os océanos e as posibles solucións para unha mellor sustentabilidade desde un punto de vista ambiental e socioeconómico.

Venres 5 de xuño, ás 17:00 h‘Cara á enerxía do futuro: do homo sapiens á economía circular’ por Nieves Cifuentes, responsable corporativa de Medio Ambiente e Sustentabilidade en Naturgy.

Luns 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, ás 19:00 h -Programa de sustentabilidade: ‘ Pleamar, apostando pola sustentabilidade pesqueira, acuícula e o crecemento azul’ por Javier Remiro Perlado, coordinador da área de Pesca e Acuicultura Sostibles en Fundación Biodiversidade.

Martes 9 de xuño, ás 18:00 h‘Como sigamos contaminando as rías, acabaremos con máis patógenos’ por Alberto Gutiérrez, investigador predoctoral do grupo de oceanografía biolóxica do Centro de Investigación Mariña.

REVISTA NOVEMBRO

Martes 16 de xuño, ás 18:00 h – ‘Ou mar de Galicia e ou cambio climático’ por Xosé Antón Álvarez Salgado, profesor de investigación no Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC)

Martes 23 de xuño, ás 18:00 h –O papel do fitoplancto no cambio climático’ po Luís Pablo Alcaraz, investigador predoctoral do CIMA – Universidade de Vigop

Martes 30 de xuño, ás 18:00 h – ‘Carallo de mar, o gran descoñecido. Cal é o seu papel no océano?’ por Tania Ballesteros Otero, do Grupo de Ecoloxía Costeira do CIM.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.