Xa chegou San Brais 2020!
Fíxose esperar, pero por fin xa está aquí San Brais. Aínda que algúns xa levan unhas cantas semanas a celebralo, o día grande será este luns día 3, así que preparade o instrumento e achegádevos a parroquia de Bembrive, onde de seguro non faltarán a música, o viño e o cocido.
Aínda que moitos dos furanchos da zona xa levan unhas semanas abertos e proporcionando comida, bebida e música aos seus clientes, esta fin de semana, e especialmente o luns día 3 de febreiro, persoas de toda a comarca achegaranse a Bembrive para gozar dunha das grandes festas do ano.
Como non só de viño e cocido se vive, nos furanchos atoparemos máis variedade gastronómica, como tortilla, chourizo, croquetas, orella, callos, zorza, licor café, crema de bagazo… a prezos moi asequibles. Ademais, aínda que todas as rúas estarán ata arriba de música popular improvisada, cada vez é máis habitual que os propios locais contraten a bandas de todo tipo (folk, rock, músicas balcánicas, batucadas…) para amenizar as comidas e as ceas.
Esta é a lista completa de todos os furanchos que atoparedes en fucnionamento estes días:
- María
- O Castelo
- A Blasa
- Os da Rianxeira
- O Bombeiro
- Toma Ya!
- Endulza tu vida
- O Neno
- O Pataquiño
- Chicha
- Celtas
- Do Medio
- A Cabaña das Meigas
- O Submarino
- O Alboio de Correa
- Baraiocas
- Dos Falperros
- O Chivo
- A Botica de Toñito