Bembrive comeza a prepararse para San Brais 2020

Queda pouco menos dun mes para o día grande de San Brais, mais en Bembrive xa van poñendo en marcha a maquinaria con moitos dos seus furanchos xa operativos desde esta fin de semana. Algúns deles, ademais de dar a benvida con bebida e comida en abundancia, tamén contarán con actuacións musicais.

Brad Pitt e Leonardo di Caprio xa están preparados para San Brais | Juan Carlos Lago

Aínda que o día de San Brais é realmente o 3 de febreiro, a festa xa vai comezando pola zona de Bembrive, onde os furanchos comezan a abrir as súas portas. De feito, hoxe xa son uns cantos os que dan a benvida a esta tradicional celebración: Endulza tu Vida, A Blasa, O Pataquiño, o Marqués, O Chivo, A Cabaña das Meigas, A Botica de Toñito ou O Castelo son algúns dos que poderás atopar abertos.

A música folclórica é outra da señas de identidade desta festa, e poderemos atopala no Endulza tu Vida co grupo Xiada, no Castelo con Os da Curva, no Pataquiño con Nós, os Outros ou na Blasa o sábado con Abóbriga. Estas son só algunhas das actuacións confirmadas para esta fin de semana, pero de seguro que haberá moita música de imprevisto.

Hai uns días que coñeciamos o cartel non oficial deste ano, creado polo deseñador Juan Carlos Lago. Nel, aproveitando o tirón mediático do filme de Tarantino Once Upon a Time In… Hollywood, “sanbraisiza” aos seus dos protagonistas, Leonardo di Caprio e Brad Pitt, colocándolles elementos típicos como a boina, o escarvadentes na boca, a botella de tinto, a pandeireta ou a camisola de San Brais. De fondo podemos ver, tras o barrís de viño, a xigantesca nora de Vigo e as típicas letras de Hollywood, que esta vez nos dan a benvida ao barrio vigués.

A continuación unha listaxe provisional dos furanchos que poderemos atopar abertos desde esta fin de semana:

  • Furancho María
  • Furancho O Castelo
  • Furancho dos Falperros
  • Furancho A Blasa
  • Furancho O Marqués
  • Furancho Os da Rianxeira
  • Furancho O Bombeiro
  • Furancho O Chivo
  • Furancho Toma ya!
  • Furancho A Botica de Toñito
  • Furancho Endulza tu Vida
  • Furancho O Neno
  • Furancho Chicha
  • Furancho do Medio
  • Furancho Celtas
  • Furancho Cabaña das Meigas
  • Furancho O Pataquiño
  • Furancho O Submarino

(GMT+01:00) Furancho A Cabaña das Meigas

(GMT+01:00) Furancho Endulza tu Vida

(GMT+01:00) Furancho O Pataquiño

REVISTA VERAN

(GMT+01:00) Furancho A Blasa