Vigo emerxe reunirá a unha ducia de músicos locais no Museo do Mar
O sábado 28 de setembro o Museo do Mar converterase en epicentro da música local grazas a primeira edición de Vigo Emerxe. Ao longo de seis horas de música pasarán polo Museo do Mar unha ducia de artistas.
Vigo Emerxe nace para crear un espazo no que as bandas locais amosen o seu talento ante o público vigués. A localización escollida é o Museo do Mar de Galicia, onde, se o tempo o permite, montaranse dous escenarios: un interior e outro exterior. Ao aire libre poderemos gozar das actuacións de Santi Araújo, Maryland, Basanta e The Soul Jacket. Mentres que o interior dunha das naves do museo acollerá os ritmos máis urbanos con BFlecha, r. e. a. l., Kaixo, Laura Iturralde, Juanma Lodo e BabyKatze.
O obxectivo deste festival é reunir nunha mesma xornada a grupos que teñen desenvolvido a súa actividade nas últimas dúas décadas. Pero, desde a organización, capitaneada por Sin Sal Audio co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, quixeron facer un guiño a aqueles músicos que pese ter comezado a súa traxectoria moito antes continúan en activo. Por iso, Pablo Novoa e Nicolás Pastoriza son os encargados de completar o cartel.
O evento será de entrada libre ata completar aforo e arrancará as 18:00 horas da tarde do sábado 28 de setembro. Para facer fronte a máis de seis horas de música os asistentes poderán adquirir bebida e comida no interior do recinto.
Últimos posts de Tamara Novoa (ver todos)
- Ledicia Costas: «O humor e a infancia moven o mundo» - 25 Outubro, 2024
- Mariña López: «O museo da industria conserveira non debería estar no monte» - 29 Agosto, 2024
- Villa Idalina, pícnic privado con vistas ao Miño - 12 Xuño, 2024
- Ailén Kendelman: «A través do humor podemos saír de situacións dolorosas» - 28 Maio, 2024
- Bruno Arias: «A xente está decatándose de que unha película en galego pode ser boa» - 25 Abril, 2024