Os mellores plans nos arredores de Vigo para agosto
Empeza o mes de agosto e seguro que tamén as vacacións de moitos. Aínda non tes plans e apetéceche afastarte un pouco da cidade? A continuación as mellores propostas nos arredores de Vigo. Facemos un percorrido polos principais plans da provincia de Pontevedra (e un pouco máis aló da fronteira), desde o lugar máis preto ata o máis afastado.
A un cuarto de hora da cidade, atópase o Concello de Redondela, onde cada ano, no penúltimo sábado de agosto, celébrase o aclamado Entroido de Verán. Hai que agardar ata o 24 de agosto para poder gozalo, así que mentras propoñémoste outros plans aínda que estén un algo máis lonxe.
A media hora en coche podemos chegar a Nigrán, un concello que intensifica a súa actividade nos meses de verán. Plans singulares son os que cada ano ofrecen os os seus dous típicos pazos, o de Urzáiz e o de Cea:
No Pazo de Urzáiz:
- O sábado 17 de agosto concerto tributo ABBA, Dancing Queen.
- O venres 23 de agosto concerto The Refrescos.
No Pazo de Cea ‘La Fiesta Verano’ o xoves 15 de agosto:
- Concerto ao aire libre no xardín: 20:00 Iván Ferreiro | 22:00 DJ Ramone.
- Concerto pechado no salón: 00:00 Mikel Erentxun | 02:00 Broken Peach.
Tamén a media hora podes acudir ás Festas da Peregrina na cidade de Pontevedra, onde este ano os concertos da Praza de España son moi prometedores:
- O sábado 10 de agosto concerto de Tequila + Fondo Norte.
- O domingo 11 agosto concerto Ana Belén.
- O luns 12 de agosto concerto Máxima In Sessions.
- O martes 13 de agosto concerto Rozalén.
- O mércores 14 de agosto (Praza da Ferraría) concerto Fredi Leis.
- O xoves 15 de agosto concerto MITIC.
- O venres 16 de agosto concerto Iván Ferreiro.
- O sábado 17 de agosto concerto Beret.
- O domingo 18 de agosto concerto Lola Índigo.
Un pouco máis ao norte, a 55 km da cidade, encontramos o cartelazo do Maestral Music Fest en Sanxenxo que trae unha chea de concertos para todo o mes de agosto e que terán lugar no Parque Empresarial de Nantes:
- O xoves 8 de agosto concerto Rulo Y La Contrabanda.
- O venres 9 de agosto concerto David Rees
- O sábado 10 de agosto concerto Andrés Balado
- O luns 12 de agosto concerto Noche Sabinera
- O martes 13 de agosto concerto Black Light Gospel Choir
- O xoves 15 de agosto concerto Roi Méndez
- O venres 16 de agosto concerto Raimundo Amador
- O sábado 17 de agosto concerto Salvador Sobral
- O domingo 18 de agosto concerto Luar Na Lubre & Track Dogs
- O lunes 19 de agosto concerto Alfred García
- O martes 20 de agosto concerto God Save The Queen
- O miércoles 21 de agosto concerto Pablo López
- O xoves 22 de agosto concerto Pastora Soler
- O venres 23 de agosto concerto Vanesa Martín
E se seguimos subindo atopamos dous plans imprescindibles, aos que non se debe faltar se visitas Vilagarcía de Arousa:
- Festival Revenidas do venres 9 ao domingo 11 de agosto no Porto de Vilaxoán. Podes coñecer a programación musical dos tres días aquí.
- Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa considerada Festa de Interés Turístico Nacional, o 16 de agosto ás 12:00 aínda que a madrugada do 15 haberá verbena con motivo da festividade.
Un dos epicentros da música en directo no verán é o Náutico de San Vicente do Mar, en O Grove. Aquí cada ano reúnense numerosos artistas para dar concertos nun espazo moi acolledor e íntimo. Unha variedade de actuacións case diarias nas que poderás gozar con Coque Malla, Leiva, Iván Ferreiro, Rufus T Firefly, Anni B Sweet ou Lori Meyers entre outros moitos. Se queres coñecer máis sobre a programación que ofrece o Náutico podes entrar aquí.
Ao outro lado da fronteira, no país veciño, temos o EDP Vilar de Mouros, o festival máis antigo de toda a península Ibérica, cuxos inicios datan da década dos sesenta. Situado no municipio de Caminha, limitando con Galicia, este ano terá lugar do 22 ao 24 de agosto e contará con bandas internacionais de primeiro nivel, como The Offspring, Prophets of Rage, Maniac Street Preachers ou The Cult. Podes conseguir aquí as entradas.
Apunta todos estas datas na axenda e non perdas a oportunidade de sair do bullicio da cidade e gozar dalgún dos plans que están a esperar nos arredores de Vigo.
Uxia Soliño
Últimos posts de Uxia Soliño (ver todos)
- Aires renovados na XVII Festa do Marisco - 30 Agosto, 2019
- ‘Vigo contra el cáncer’ apoirá o proxecto OCTOPUS - 26 Agosto, 2019
- Un exitoso Marisquiño enfila cara unha XX edición memorable - 12 Agosto, 2019
- Bisbal ilumina Castrelos pese á chuvia - 9 Agosto, 2019
- Os mellores plans nos arredores de Vigo para agosto - 8 Agosto, 2019