COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Os mellores chiringuitos de Vigo e arredores

Brisa marina na cara, pés na area e unha bebida fresquiña na man. Se ademais soa música estamos ante un dos plans máis codiciados dos vigueses despois dun día de praia. Esta fantasía faise realidade grazas aos chiringuitos, bares que aparecen a pé de praia durante o verán para brindarnos momentos de tranquilidade e diversión mentres esperamos a que o sol desapareza no horizonte.

Estes son 18 dos chiringuitos máis populares de Vigo e a súa contorna: Redondela, Nigrán, Cangas, Moaña, Vilaboa, Bueu e Marín.

Chiringuito La Fuente

Avenida de Samil

No alto da praia do Tombo do gato, coñecida popularmente como La Fuente, rodeado de pinar, está un dos chiringuitos con máis programación musical do verán. Todas as semanas programan a actuación dun grupo de versións local coa posta de sol tras as Cíes como pano de fondo.

Chiringuito de Alcabre

Camiño Igrexa

Agradable terraza ao lado da igrexa de Alcabre. Xestionado polo mesmo equipo e cunha filosofía semellante a de La fuente, a de ofrecer música en directo todas as semanas, como principal reclamo. Para comer ofrecen bocadillos grandes por entre 4 e 5 €.

Chiringuito La Vela

Avenida de Samil, 18

Bar situado sobre a praia dos Olmos con entrada desde a avenida de Samil. Na súa ampla terraza celebran cada domingo de agosto ás 18h sesións DJ de deep house con Gabry Massa nos pratos. Dispoñen de carta con platos sinxelos, como bocadillos, pementos ou tortilla.

Chiringuito O Pirata

Avenida de Samil, 22 – Martes a domingo de 16:30 a 23 h

Tamén sobre os Olmos, a poucos pasos do Museo do Mar, encontramos un dos chiringuitos máis consagrados da cidade grazas á súa amplísima terraza e bo ambiente. As colas que as veces forman as persoas máis pacientes para conseguir unha mesa nas fines de semana demostran o seu éxito. Contan con cociña e carta, polo que é unha opción recomendable para cear.

Chiringuito ETEA

Avenida da Marina Española
Luns a domingo de 11 a 23h

O abandonado complexo militar de Teis está a ser recuperado como lugar de esparcimento para os veciños, coa construcción dun paseo e zona de xogos para nenos e maiores. Durante o verán a zona cobra máis vida grazas ao Chiringuito ETEA que programa música en directo e ofrece bocadillos e empanadillas para acompañar as demandadas cervexas. Ten tamén unha praia próxima, a da Punta.

Bar Playa Fortiñón

Camiño do Fortiñón, 188
Luns a domingo de 12 a 22 h.

Non é estrictamente un chiringo, pero si un bar a pé de praia que cobra vida no verán. Está situado fronte a praia do mesmo nome, en Saiáns, unha das poucas en Vigo onde non está mal vista a práctica do nudismo e na que o ambiente acostuma ser tranquilo. Ademais de desfrutar das privilexiadas vistas ás Cíes, podemos despedir o día comendo un bocadillo ou un xeado.

Brisa Chiringo

Paseo da praia, 18 (Cesantes – Redondela)
Mércores a luns de 18 a 2:30h

Local de música na praia de Cesantes con bonita terraza interior e decoración alegre. Aquí organizan varios concertos todas as semanas do verán baixo o nome Brisasesiones. Son coñecidos tamén pola súa carta de cócteles e sirven comida.

Deilán Praia

Rúa Barciela, 95 (Santa Cristina de Cobres – Vilaboa)
Luns a xoves de 16 a 22 h ; venres e sábado de 16 a 1 h e domingos de 16 a 23 h

O ambiente é tranquilo, pois a praia na que está situado non é moi concurrida, polo que poderemos gozar do noso refrixerio cunhas preciosas vistas á Ensenada de San Simón.

Gran terraza situada á beira da praia da Borna, en Moaña. Carta variada e saborosa: hamburguesas, tacos de polo, croquetas, patacas fritidas, pizza… Hai unha pequena zona de xogos infantís.

Amplo espazo de madeira ao lado da praia de Rodeira ideal para tomar un café, un refresco ou un mojito. Moi tranquilo e con boas vistas.

Chiringuito Massó

Praia da Cunchiña (Cangas)

Terraza situada ao carón da antiga fábrica conserveira de Massó e da única praia de Cangas na que os cans son benvidos no verán, polo que é recomendable se queremos acudir coa nosa mascota. Tamén está preto doutros areais como a praia do Medio e Areamilla. Defínense como un “espazo multicultural aberto á ría” e celebran habitualmente concertos con especial querencia pola múscia tradicional

Chiringo o Portinho

Rúa do Cantón, 65 (Cangas)
Luns a xoves de 12 a 23 h; venres a domingo de 12 a 24 h.

Chiringuito tranquilo situado na pequena praia do Porto, entre Areamilla e Liméns e preto de varios miradoiros ás Illas Cíes. Ademais de bebidas tamén teñen xeados e sirven tapas.

Chiringuito de Tuia

Praia de Tuia (Bueu)
Luns a domingo de 11 a 24h

Chiringuito popular pola súa ubicación sobre a area da praia e a súa boa cociña caseira, na que destacan os peixes e carnes á grella, as sardiñas e as luras fritidas. Pédes encargar a comida e reservar mesa. Tamén organizan concertos todas as fines de semana.

Siatuado fornte á praia de Lapamán, os solpores son dunha grande beleza. Teñén racións para picar.

Chiringuito Aguete

Praia de Aguete (Marín)
Luns a domingo de 11:30 a 23h

Chiringuito diferente de aspecto moi coidado, mesas de madeira, vexetación e ambiente inspirado nos locais balinenses. Teñen unha carta de comida pouco convencional, con varias opcións de torradas e pancakes á hora do brunch e poké a mediodía, ademais de bocadillos en pan brioche.

Malabar Beach area Fofa

Area Fofa (Nigrán)

Chiringuito ao pé de Monte Ferro, na pequena praia de Area Fofa. Organizan concertos ocasionalmente.

SONRIAS

Chiringuito La Ola

Camiño de Patos, 15 (Patos – Nigrán)
Domingo a xoves de 11 a 24h; venres e sábado de 11 a 1h

Chiringuito que aposta pola música en directo como complemento ás boas vistas, con actuacións todas as semanas.