O concurso municipal Vigo en Vivo quere impulsar as bandas emerxentes
A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo acaba de lanzar o concurso Vigo Vivo para impulsar os grupos que están a emerxer na cidade de Vigo. Os 15 mellores grupos tocarán en diversos espazos emblemáticos da cidade.
O Concello de Vigo convoca o concurso ‘Vigo en Vivo’ para axudar a crecer aos grupos máis novos da cidade. O prazo para participar abriu o xoves 18 de xullo e os artistas expoñeranse ante os vigueses e un xurado que escollerán aos 15 mellores. Estes grupos terán a oportunidade de dar un concerto nalgún lugar emblemático da cidade.
Os votantes deberán inscribirse na páxina de vigosónico e escoller aos 3 mellores. O resultado das votacións colgarase na mesma páxina co nome dos 15 finalistas que terán que actuar nas rúas e espazos públicos de Vigo. Estes concertos buscan que as bandas mostren o seu talento con cancións orixinais nunha duración mínima de 30 minutos. As datas, os sitios e as horas daránse a coñecer na mesma web.Tras esta primeira fase, volverase a facer unha segunda votación coas mesmas normas da primeira rolda. Desta segunda valoración, sairán 6 finalistas. Na gala final só o xurado votará e escollerá aos 3 gañadores do Vigo en Vivo. A data e os horarios desta final daránse a coñecer na páxina web.
Unha das normas a ter en conta é que polo menos o 50% do grupo debe estar empadroado no Concello de Vigo. Ademais os participantes non deben contar con ningún traballo musical presentado con anterioridade. A idade establecida para que os grupos podan inscribirse é que o 75% do grupo debe ter entre 14 e 35 anos.
A inscrición a Vigo en Vivo é totalmente gratuíta e para realizala tan só é necesario inscribirse en vigosonico. O prazo de inscrición ten unha duración de 15 días desde a publicación da convocatoria o 18 de xullo. Convén ler as bases antes de participar.
Uxia Soliño
Últimos posts de Uxia Soliño (ver todos)
- Aires renovados na XVII Festa do Marisco - 30 Agosto, 2019
- ‘Vigo contra el cáncer’ apoirá o proxecto OCTOPUS - 26 Agosto, 2019
- Un exitoso Marisquiño enfila cara unha XX edición memorable - 12 Agosto, 2019
- Bisbal ilumina Castrelos pese á chuvia - 9 Agosto, 2019
- Os mellores plans nos arredores de Vigo para agosto - 8 Agosto, 2019