UVIGO
FILLOAS

Vigo en Vivo anuncia os concertos de bandas emerxentes na praza da Constitución

O concurso Vigo en Vivo, convocado pola Concellería de Xuventude, xa ten aos seus primeiros 14 finalistas, que ao longo deste mes actuarán de balde na praza da Constitución. Tras os concertos, subirase á web un vídeo de cada banda para que a xente poda votar á súa favorita.

O pasado mes de xullo a Concellería de Xuventude do Concello de Vigo convocou o Concurso de música “Vigo en Vivo” para grupos de música noveis do municipio de Vigo, co que se pretende fomentar a creación musical e premiar o espírito creativo das e dos participantes a través dun concurso no que as bandas sen disco propio e sen espazos onde tocar, teñan a posibilidade de facelo nas rúas e outros lugares emblemáticos da nosa cidade.

Este mércores déronse a coñecer as 14 bandas e artistas que forman o cartel desta primeira edición. Todas eles actuarán este mes na praza da Constitución ás 20:00 de maneira gratuíta, onde serán evaluados por un grupo de profesionais relacionados coa música. O venres 13 tocarán Rusty Bones, Tai G e María Canosa, coa banda Maldito Murphy de xurado. O sábado 14 fará o propio Tinta e Lyer & Dj Mirage baixo a atenta mirada de Frans Banfield. Dioivo, Purplefly e Blue Sunflowers subirán ao escenario o venres 20, con Daniel Fernández DJ como invitado e xurado. A música de Marlowe, Ronseya e Grupo Nós amenizará o serán do sábado 21, con La Buena Vida sen perder detalle. Por último, o venres 27 pecharán o mes Ensamble Verxel, Keren Hapuc e Ash Santos, coa Mon Band de invitada e xurado.

Cada grupo ou solista deberá tocar, como mínimo, un tema propio e tres covers, cunha duración máxima de entre 15 a 20 minutos de duración. O tema propio de cada participantes será gravado, tanto en vídeo como en audio, xa que usarase para subilo de novo á web e realizar novas votacións, unha vez rematados os concertos. Unha vez subidos todos os temas á web, abrirase de novo outra rolda de votacións coas mesmas normas que a anterior e cun prazo que se especificará na web vigosonico.org.

CAMELIAS NADAL

Desta rolda de votacións sairán os seis finalistas que tocarán nunha gala final na praza da Constitución da que sairán os tres gañadores, que serán elixidos polo xurado ao remate da gala. O primeiro premio será a gravación de tres maquetas en Vigosónico e realización dun videoclip do tema que elixan. O segundo dous maquetas e o terceiro, unha.