O Marco exhibe as fotos da Maratón Fotográfica de Vigo
Onte pola tarde entregáronse os premios do XXIII Maratón Fotográfico de Vigo que, por primeira vez reunirá tódalas fotografías no Museo MARCO.
Arredor das oito da tarde, no Anexo do MARCO, numerosas persoas esperaban nerviosas o veredicto do xurado. Jesús Nieto, presidente da Asociación Fotográfica Galega, non se fixo de rogar e anunciou os tres gañadores. Jaime Rebollo alzouse co primeiro galardón, María Isabel Santos co segundo e o terceiro para José R. Alarcón que se levaron 1000, 500 e 300 euros respectivamente.
Desde a AFG destacaron o feito de que despois de 23 edicións, esta foi a primeira na que a categoría de fotografía analóxica quedou baleira. Outros anos a participación nesta modalidade era entre o 2 e o 3%.
Tamén resaltou que cada ano o xurado e a tematica varían. Nesta edición as palabras clave coas que había que saír a fotografar eran: calma, múltiple, resistencia e inolvidable.
Como novidade nesta edición, o MARCO acolle unha mostra de todas as fotografías das últimas cinco edicións do evento.
Bea Barros
Últimos posts de Bea Barros (ver todos)
- Xa se poden visionar en liña Sempre Xonxa, Continental e Urxa - 13 Abril, 2020
- A rondalla Santa Eulalia de Mos gaña nun IFEVI abarrotado - 14 Xaneiro, 2019
- O Marco exhibe as fotos da Maratón Fotográfica de Vigo - 20 Outubro, 2018
- Zoé e Dorian crearon un ambiente entre o rock e o indie que eclipsou aos asistentes - 28 Xullo, 2018
- A estación violenta, unha historia de decadencia atemporal - 17 Xuño, 2018