REVISTA ABRIL
Concerto Zoé e Dorian

Zoé e Dorian crearon un ambiente entre o rock e o indie que eclipsou aos asistentes

Milleiros de persoas rexeitaron a cita histórica co eclipse lunar para presenciar un concerto que se ben non pasa á historia, si que quedara na retina de moitos dos que estaban alí. Tanto os mexicanos Zoé como Dorian xa estiveran na nosa cidade pero esta vez foi especial posto co fixeron nun escenario no que non pode actuar todo o mundo e o fixeron xuntos.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Os primeiros en subirse ao escenario foron os mexicanos. A banda formada por León Larregui (voz), Sergio Acosta (guitarra), Jesús Báez (teclados), Ángel Mosqueda (baixo) e Rodrigo Guardiola (batería) saíron cun son potente e un espectáculo de luces e flashes que non deixou indiferente a ninguén. Como tampouco o fixo a vestimenta do seu cantante: León ía vestido cun poncho e botas de tacón. Soaron quince temas, entre eles No hai mal que dure e Love. Entre tema e tema, o cantante confesou sentirse feliz de estar nun lugar tan fermoso como a nosa cidade.

REVISTA ABRIL

Tras finalizar o concerto, todos esperaban ansiosos a Dorian pero faltaba algo moi importante neste tipo de citas. Abel Caballero saíu ao escenario micro en man e, tralo seu habitual speach, volveu a demostrar que como animador de masas non ten prezo.

A banda barcelonesa entrou no escenario xa pasada a medianoite. Dorian demostrou porqué se lle considera un dos grupos con máis repercusión do panorama indie do noso país e é que aos cinco compoñentes non lles faltou nin paixón nin ganas. Nesta xira están presentando o seu novo álbum Justicia universal, un compendio de temas onde se mestura o seu habitual son electrónico coa temática do pesimismo existencial. Durante a súa quenda no escenario tamén soaron éxitos como Los amigos que perdí, La Tormenta de Arena ou A cualquier otra parte.

E tal como moitos ansiaban, chegou o momento no que León (o vocalista de Zoé) volveu ao escenario. Xuntos interpretaron Duele, unha das pezas que forman parte do novo álbum de Dorian. Cun forte sentido emocional atraparon ao público que aínda seguía abraiado gozando coa mestura de boa música, lucerío, confetti e de ver a dúas bandas que repiten na nosa cidade por todo o grande. Unha noite para o recordo

 

The following two tabs change content below.

Bea Barros

Licenciada en Comunicación Audiovisual e cun afán de contar historias fixo un máster en guión audiovisual. Os derroteiros da vida a levaron a traballar no mundo da web e no deseño gráfico no que agora dedica case o 100% do seu tempo. Pero sempre sen deixar de lado a súa paixón por contar historias, xa sexa con lapis e papel ou cunha cámara polas rúas do seu querido Vigo